A construción dunha gasolineira de baixo custo en San Brais acaba nos tribunais

O Concello defenderá ante o TSXG as súas alegacións en contra da instalación
Zona en la que se proyecta la gasolinera de bajo coste en el núcleo de San Brais. RAFA FARIÑA
photo_camera Zona na que se proxectaba a gasolineira de baixo custo no núcleo de San Brais. RAFA FARIÑA

A construción dunha gasolineira de baixo custo no barrio de San Brais, na parroquia de Salcedo, acabou nos tribunais. A portavoz municipal, Anabel Gulías, anunciou este luns que o Concello de Pontevedra foi citado como comparecente na denuncia que a promotora da estación de servizo, a firma Baratoil, presentou contra a Xunta, que rexeitou esta instalación logo das alegacións presentadas na súa contra.

O asunto será dirimido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ante o cal o Concello defenderá as súas alegacións en contra da instalación. Entre elas, as relacionadas co rexeitamento á declaración de impacto ambiental, un trámite obrigatorio para este tipo de negocios en zonas próximas a núcleos de poboación.

O proxecto presentado por Baratoil ocuparía un solar de 3.692,51 metros cadrados na Rúa San Brais, xusto enfronte do supermercado da cadea Lidl. A obra obrigaría a instalar un depósito enterrado de dobre parede de 100 metros cúbicos: 70 para almacenar gasóleo A e os 30 restantes para gasolina SP95. A zona de reposición constaría de dous illotes, subministradores con catro mangueiras e catro rúas para os clientes. A estación estaría aberta durante 24 horas e os 365 días do ano.

Os veciños alegaron en contra desta obra a través de 151 escritos remitidos á Xunta. Pontevedra ten na actualidade unha gasolineira low cost situada en Campañó.

Comentarios