Chega o Protour a Pontevedra: consulta aquí as restriccións de tráfico

En ningún momento se limitará a mobilidade peonil e a motor, pola zona na que se desenvolven as probas 

O estacionamento na rúa Enxeñeiro Rafael Areses estará prohibido desde o xoves ás 22.00 horas. GOOGLE MAPS
photo_camera O estacionamento na rúa Enxeñeiro Rafael Areses estará prohibido desde o xoves ás 22.00 horas. GOOGLE MAPS

Pontevedra acolle esta fin de semana o campionato Protour Pontevedra 2019, unha competición na que os mellores 40 triatletas masculinos e femininos de España compiten nunha proba superspring.

Como consecuencia da carreira, realizaranse restricións de tráfico en toda a zona norte da cidade, limitadas ao ámbito da avenida de Compostela, ao campus universitario e á avenida de Bos Aires entre a Ponte dos Tirante e a das Palabras.

A pesar do operativo, non se vai limitar a mobilidade nin peonil nin do tráfico rodado en ningún momento. Está previsto que a incidencia no tráfico sexa moito menor, ao coincidir o Protour e o Campionato de España Tríatlon Contrarreloxo en fin de semana.

O dispositivo de tráfico comeza este xoves 10 de outubro con restricións de estacionamento. A partir das 22.00 horas prohíbese estacionar na avenida de Bos Aires (entre a ponte dos Tirantes a ponte das Palabras) e na rúa Enxeñeiro Rafael Areses. Neste último caso é porque ao cadrar a feira en sábado festivo, trasládase para o venres, 11 de outubro. Polo tanto, o estacionamento nesta rúa queda prohibido até o domingo, 13 de outubro, ás 20.00 horas.

O venres queda prohibido o estacionamento a partir das 22.00 horas na Avenida Bos Aires (entre a Ponte de Santiago e a Ponte dos Tirantes), o aparcadoiro do recinto Feiral,  as rúas Alexandre Bóveda e Enxeñeiro Rafael Areses, a Avenida Compostela, a rúa Celso Emilio Ferreiro e o Campus Universitario.

Comentarios