O contrato do lixo subirá un 6% pero non afectará o peto da cidadanía

Tamén se aprobaron as bases reguladoras dos procesos selectivos para xerar listas de substitución de oficiais e inspectores na Policía Local
Camión de la basura en Pontevedra. DP
photo_camera Camión da basura en Pontevedra. DP

Segunda revisión de prezos, á alza, en Xunta de Goberno local no que vai de mes, aínda que nesta ocasión non vaia repercutir no peto da cidadanía.

A portavoz municipal, Anabel Gulías, informou este luns de que se aprobou a revisión solicitada pola empresa PreZero, concesionaria dos servizos de limpeza viaria, recollida de lixos, desratización e limpezas dos colexios.

Esta revisión de prezos da concesionaria municipal está prevista na lei de Contratos do Sector Público, precisou. Neste caso PreZero solicitou unha subida global para o ano 2021 do 6,5 % do prezo do contrato. Con todo, tamén se incluíu nas "complexas fórmulas" a revisión, á baixa, correspondente a 2020, onde o IPC fora negativo (-0,5%). Por iso, finalmente a porcentaxe de subida quedou nun 6%. Con esta actualización o prezo para este ano 2022 é de 6.280.020,60 euros, polo que se encarecerá 327.827 euros. (O anterior era de 5.952.193,76 euros).

Gulías recalcou que esta subida "non afectará en absoluto" ao recibo que se cobra cidadanía e ás empresas.

BASEES. Por outra banda, aprobáronse as bases reguladoras dos procesos selectivos para xerar listas de substitución de oficiais e inspectores na Policía Local. Trátase de contar con este "procedemento de cobertura de prazas" para elaborar unha "lista interna" que axude a axilizar a cobertura de prazas.

Comentarios