Convocan unha concentración en Pontevedra en repulsa polo asasinato de Gabriel

A protesta tamén reclamará a non suspensión da prisión permanente revisable

Gabriel Cruz. TWITTER
photo_camera Gabriel Cruz. TWITTER

Os veciños de Pontevedra e arredores están chamados a participar nunha concentración que terá lugar o vindeiro domingo en sinal de repulsa polo asasinato do pequeno Gabriel Cruz, desaparecido en Almería o pasado 27 de febreiro e localizado, xa falecido, o pasado domingo no maleteiro do coche da actual parella do seu pai.

A mobilización celebrarase na Praza de España a partir das 12 horas. A promotora da protesta é Rosa María Celeiro Reyes, representante en Pontevedra do colectivo Todos somos Gabriel. A idea inicial era a de celebrar unha concentración de apoio á familia, con vistas a presionar para localizar ao pequeno e resolver o caso. Con todo, o achado do cadáver provocou cambios na lema da mobilización.

Celeiro preparou decenas de lazos de cor azul e carteis con siluetas de peixes

 

Do mesmo xeito que noutras provincias, a protesta levará agora a cabo en repulsa polo asasinato e a favor de non suspender a prisión permanente revisable. A promotora da concentración entregou este luns na Subdelegación do Goberno un escrito solicitando autorización para oficializar a convocatoria e, segundo dixo, a entidade trasladoulle que dispón de permiso para levar a cabo o acto.

Ademais, Celeiro preparou decenas de lazos de cor azul e carteis con siluetas de peixes, o animal que serviu de imaxe para a campaña de procura do menor almeriense.