En corentena dúas aulas do CEIP Barcelos tras polo menos dous positivos de alumnos

O Sergas púxose en contacto coas familias e os alumnos serán sometidos a PCRs nos próximos días
Entrada dos nenos nos coles Vidal Portela e Barcelos, esta mañá.
photo_camera Primeiro día deste curso no CEIP Barcelos. GONZALO GARCÍA

Dúas aulas de Primaria do CEIP Barcelos de Pontevedra están en corentena desde este xoves tras detectarse polo menos un caso positivo en cada unha delas. O resto de clases, outras 15, seguirán funcionando con normalidade.

O Sergas xa se puxo en contacto coas familias das aulas afectadas para informarlles de que os alumnos serán sometidos a probas PCR nos próximos días.

Este é segundo colexio de Pontevedra que rexistra positivos por coronavirus, tras o Calasancio, onde se detectaron nove positivos entre profesores e traballadores non docentes.

Comentarios