O curto 'Segue o teu instinto' da Deputación, galardoado en Varsovia

Recibiu o segundo premio na categoría Produto Turístico na 16º edición do FilmAT Festival ► Ademais, este xoves empeza o seminario feminista organizado pola escola María Vinyals
Un fragmento del corto 'Sigue o teu instinto'. YOUTUBE
photo_camera Un fragmento do corto 'Sigue o teu instinto'. YOUTUBE

A peza audiovisual Segue o teu instinto, realizada pola Deputación de Pontevedra para promocionar a campaña turística de 2020, recibiu o segundo premio na categoría de Produto Turístico na 16º edición do FilmAT Festival de Varsovia (Polonia) "tras captar a atención do xurado por promocionar a provincia como un destino sostible e responsable". 

Con este galardón, segundo informou o organismo provincial nun comunicado, a peza suma oito premios. Da man de Celia Freijeiro, a protagonista da produción de Esmerarte, Segue o teu instinto, anima a regresar ás orixes e gozar do patrimonio natural de Pontevedra. 

No vídeo móstrase ademais como o territorio marca o carácter dos veciños da provincia, á que "sempre é necesario volver para volver atoparse cun mesmo a través das súas paisaxes, habitantes e cultura".

SEMINARIO FEMINISTA. Por outra banda, este xoves comeza o seminario online, organizado pola Deputación de Pontevedra, Debates Teóricos e Axenda Política Feminista, organizado pola Escola de Igualdade María Vinyals, dependente do organismo provincial. 

A Deputación destacou a "excepcional acollida" do seminario, coas 150 prazas cubertas pero que conta con lista de agarda, que tamén supera as 100 persoas. 

O seminario, dirixido pola profesora e escritora Rosa Cobo, desenvolverase nun total de oito sesións a través da plataforma Zoom ata o 9 de decembro.

"Imos formar sobre os principais debates teóricos desde o pensamento feminista, coa análise dos obxectivos prioritarios da axenda política feminista", explicou na súa presentación a presidenta da Deputación, Carmela Silva

O curso impartirase as tardes dos xoves, de 18:30 horas a 20:30 horas –excepto o xoves 25 de novembro, que pasará a celebrarse o venres 26–. A institución provincial emitirá diploma acreditativo ás persoas que realicen as 16 horas. 

Algúns dos temas que se abordarán son os orixes do movemento e o seu desenvolvemento histórico, os debates feministas ao redor da violencia sexual, a pornografía, a prostitución, os ventres de aluguer, a democracia, a economía e o feminismo, ou o pensamento queer.

Comentarios