A Corva e Urbano Lugrís uniranse cunha nova rúa

A obra será posible grazas á expropiación de tres parcelas de 684,77 metros cadrados polas que o Concello pagará 37.011,60 euros
Obras de reurbanización de la Once en Campolongo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Obras de reurbanización de la Once en Campolongo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A Corva e Urbano Lugrís uniranse a través dunha nova rúa, que dará continuidade ao viario que na actualidade executa a Once para conectar Campolongo coa avenida de Vigo e o barrio de San Brais. A obra será posible grazas á expropiación de tres parcelas de 684,77 metros cadrados polas que o Concello pagará 37.011,60 euros, "un prezo moi razoable".

O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, agradeceu a colaboración dos dous propietarios para facilitar que a cidade creza permitindo desprazamentos por novas estradas.

O que aínda non se decidiu é se o novo viario executarao a Once ou o Concello, aínda que o custo desta infraestrutura asumiríaa a organización de cegos.

Comentarios