Crispación na contorna comercial da Oliva pola derriba de dous edificios

Algúns dos inquilinos das galerías aceptaron en maio unha rebaixa na cota mensual a cambio de limitar a duración do aluguer ata o 2023, pero ningún esperaba que o motivo deste acordo fose a demolición do edificio 
undefined
photo_camera Un señor paseando polas inmediacións. JAVIER CERVERA- MERCADILLO

Xaneiro de 2023. é a data na que todos os negocios situados nas Galerías Oliva, máis concretamente no acceso que dá á rúa Gutiérrez Mellado, deberán abandonar os seus locais.

Unha firma inmobiliaria presentou no mes de abril dúas licenzas no Concello de Pontevedra para derrubar dous edificios. Un deles é o número 11 da rúa Michelena e, o outro, o número 3 de Gutiérrez Mellado. Este último é o que afectará de pleno aos negocios das Galerías.

Segundo puido saber Diario de Pontevedra, a licenza que afecta a este segundo inmoble está "moi avanzada" e podería ser aprobada en Xunta de Goberno local nas próximas semanas. En relación ao edificio de Michelena, o proxecto está máis atrasado, xa que o inmoble está afectado pola área de protección do BIC da Igrexa de A Peregrina e, polo tanto, o proceso poderíase atrasar aínda máis no tempo.

Polo momento descoñécese o uso que se dará nun futuro a estes dous inmobles. Este xornal intentou porse en contacto cos responsables do proxecto, pero polo momento non tivo resposta.

A demolición destes dous edificios afectará a máis dunha trintena de negocios, sete deles están situados nas Galerías Oliva, onde máis sente o cabreo, malestar e indignación por parte dos empresarios.

O pasado mes de maio algúns dos inquilinos destes locais chegaron a un acordo cos propietarios do inmoble: rebaixar a cota mensual a cambio de limitar a duración do aluguer ata o ano 2023.

Nun primeiro momento, os comerciantes entenderon que esta negociación era algo positivo para eles pero agora moitos cren que foi un engano. "Os donos ofrecéronnos unha redución no aluguer pola situación económica na que estabamos por mor da pandemia, pero non sabiamos nada deste peche", asegura Pilar González, presidenta da asociación de comerciantes das Galerías da Oliva e propietaria da Cafetería Galerías, que leva 60 anos de actividade nesta localización.

Os rumores escoitados nos últimos meses levaron aos inquilinos a pensar que os seus negocios ían sufrir unha reforma, pero ningún imaxinouse que chegaría o peche definitivo. "é verdade que había un rumor de que ía suceder algo pero non había nada claro, o único claro que temos agora é que nos temos que ir e pechar", afirma Pilar.

María Paz, do local Comercio Xusto, asegura que cando se decatou desta noticia "foi un shock" porque "en ningún momento díxosenos que iamos vivir unha situación tan dramática como esta ."

Case unha decena de comercios deberán pechar nas Galerías da Oliva e, algúns deles, levan 60 anos de actividade 

A empresaria lamenta tamén a falta de información recibida por parte dos propietarios do edificio. "O máis importante é que se saiba que os comerciantes apenas dispomos de información sobre o que está a ocorrer, a min non se me comunicou nada. Non sabemos nin que vai ocorrer, nin cando, nin que período imos ter para afrontar esta situación".

INCERTEZA. A falta de información leva aos empresarios a vivir unha gran incerteza, algo que provocará nos próximos meses o peche inminente dalgúns locais.

"Os propietarios dinnos que aínda non saben que van facer neste edificio e a xente está moi encabuxada. Ademais, moitos non van aguantar ata 2023 aquí, a maioría empezarán a buscar outra localización e marcharanse xa", lamenta a presidenta da asociación.

O peche do tramo de Gutiérrez Mellado non só afectará os comercios que ven obrigados a baixar o enreixado. "Isto vai repercutir en todos os tramos porque se se quita esta saída xa non é unha galería de paso da Oliva cara a Guitiérrez Mellado e a xente xa non vai vir", afirma Pilar.

á incerteza súmaselle tamén a desolación e a pena. "Estou moi doída porque ás dificultades que sempre ten o pequeno comercio engádese isto, ter que buscar novos locais. Nunca é un bo momento para isto pero logo da pandemia, probablemente este sexa o peor", insiste María Paz antes de afirmar que "logo de 15 anos aquí, por fin conseguiramos unha estabilidade e agora que estabamos fidelizando aos nosos clientes, chega isto".

"Co pan dos meus fillos non se xoga"

"No verán outro inquilino díxonos que quería facer obras no local e os propietarios non lle renovaron, entón aí empezaron os rumores", explica Marta Caruncho

REPORTAXE GALERiAS OLIVA_ ás 16_00 horas con Alba Garcia na Peregrina_A propietaria do Taller de Xoiería confirma que se trasladará de inmediato a outro local pero recoñece que "temos moitos requisitos e é moi complicado atopar outro establecemento que se adapte". Marta asegura que "sempre se levou moi ben cos propietarios do edificio" e, xustamente por iso, "decatarse desta noticia foi un dobre desgusto". "Teñen que pensar que somos familias que vivimos disto e que co pan dos meus fillos non se xoga", insiste.

"Isto rompe todos os nosos plans" 

"Ë unha mala noticia para todos os que estabamos aquí traballando e a verdade que non nolo esperabamos para nada", asegura Carlos Iglesias, da Clínica Pedrosa

REPORTAXE GALERiAS OLIVA_ ás 16_00 horas con Alba Garcia na Peregrina_Este negocio chegou ás Galerías da Oliva hai uns anos e "tiñamos expectativas de estar aquí moito máis tempo así que menos mal que non fixemos unha reforma que tiñamos pensado facer". Neste sentido, o traballador da clínica asegura que esta situación "rompe todos os nosos plans porque teremos que trasladar o negocio e a todos os nosos clientes". "Hai moito cabreo porque aquí a xente ou se vai ao paro ou a ver que fan", conclúe.


"En teoría aínda non hai nada pechado"

REPORTAXE GALERiAS OLIVA_ ás 16_00 horas con Alba Garcia na Peregrina_A situación de Manuela González é distinta á do resto de inquilinos porque "tiña contrato por un ano con dereito a renovar outro ano" e, polo tanto, "esta situación non me afecta tanto e non sinto enganada". Iso si, a dona do taller de costura A Casiña dous Arranxos asegura que "foi unha sorpresa" decatarse da demolición do edificio. "Había un rumor desde hai tres meses pero ninguén ten máis información". Neste sentido, Manuela confirma que lle preguntou aos propietarios "que ían facer e dixéronme que non sabían exactamente nin o que ían facer nin cando, de feito dixéronme que en teoría aínda non hai nada pechado". 

Rúa Michelena Número 11
undefined

Este é o segundo edificio que se pretende derrubar pero este procedemento vai máis atrasado. O inmoble está afectado pola área de protección do BIC da Igrexa da Peregrina e, polo tanto, na súa reconstrución deberá axustarse a fachada aos requisitos establecidos.

Gutiérrez Mellado Número 3
undefined

A licenza para a derriba deste edificio vai moi avanzada e, segundo puido saber Diario de Pontevedra, tan só queda que se aprobe un documento para poder levar o proxecto aXunta de Goberno local. Iso si, a demolición non podería empezar antes de xaneiro de 2023.

Comentarios