Cronopios traerá a David Trueba e a Carlota Gurt a Pontevedra

A librería prepara un calendario de sinaturas de libros e encontros con autores que na primeira parte do ano incluirá, entre outros, as visitas de Juan Tallón e de Tereixa Constenla
Librería Cronopios de Pontevedra. ADP
photo_camera Librería Cronopios de Pontevedra. ADP

Os escritores David Trueba, Arturo Lezcano, Carlota Gurt, Juan Tallón, Javier Romero e Tereixa Constenla visitarán Pontevedra na primeira parte de 2022 da man de Cronopios. Segundo avanzou a propia librería nas súas redes sociais e confirmou a este xornal, están pechadas sinaturas de libros, entrevistas e encontros con estes seis autores.

Os dous primeiros actos son os que, polo momento, teñen data. David Trueba será o encargado de abrir a programación de Cronopios mantendo un encontro con outro escritor, Juan Tallón (que precisamente tamén ten previsto visitar a librería pontevedresa máis adiante para falar da súa nova novela). Será o 28 de xaneiro.

David Trueba.

Queridos niños (Anagrama, 2021) é o último libro do tamén director de cine e guionista que, nesta faceta, gañou dous premios Goya pola película Vivir es fácil con los ojos cerrados (2013): á mellor dirección e ao mellor guión. Irmán do tamén cineasta Fernando Trueba, a súa carreira literaria comezou en 1995 con Abierto toda la noche. A ese título seguiríanlle outros cinco, ata chegar a este último, no que segue o desenvolvemento dunha campaña electoral. Trueba gañou o Premio Nacional da Crítica por Saber perder (2008).

David Trueba.Tras el chegará Arturo Lezcano con Madrid, 1983 (Libros del KO, 2021) o 1 de febreiro. Neste caso, o autor concederalle unha entrevista aberta ao público a Susana Pedreira, de Onda Cero.

O xornalista ferrolán, guionista do programa Salvados (La Sexta), entre outras cousas, publicara con anterioridade Fútbol sobre lenzo (Lea, 2005). Neste novo libro realiza unha crónica do ano 1983 na capital do estado, "el instante clave en el que se sientan las bases –con sus aciertos y sus errores– de la España actual", segundo avanza o seu selo editorial.

NARCOSUBMARINO. Outro xornalista galego, Javier Romero, nacido en Xinzo da Limia e afincado en Pontevedra, tamén presentará na librería Cronopios o volume que vén de publicar. No seu caso será Operación Marea Negra (Ediciones B, 2022), onde narra a historia real dos homes que viaxaron no narcosubmarino con 3.000 kilos de cocaína apresado na ría de Aldán en 2019.

David Trueba.

David Trueba.Tamén moi vinculado ao xornalismo está Juan Tallón, columnista destacado e novelista consolidado que falará do seu novo título, que verá a luz o 2 de febreiro, Obra maestra (Anagrama, 2022). Segundo avanza a editorial, este traballo móvese entre a novela de non ficción e a crónica novelada partindo da desaparición dunha escultura de 38 toneladas, que pertencía ao Museo Reina Sofía.

Xornalista tamén é Tereixa Constenla, que vén de debutar na narrativa coa publicación de Cuaderno de urgencias (Siruela, 2021). Na obra, a autora narra, dende a intimidade e a emoción, a súa experiencia tras o falecemento da súa parella, o tamén xornalista Álex Bolaños, un texto que deriva nunha celebración da vida e do amor.

David Trueba.

Finalmente, Cronopios tamén anuncia a presenza en Pontevedra de Carlota Gurt. A escritora e tradutora catalá presentará Sola (Libros del Asteroide, 2021), unha historia na que reflexiona sobre a soidade, que supuxo o seu debut na novela.

Carlota Gurt

Dúas primeiras datas: 28 de xaneiro e 1 de febreiro
Aínda que a maioría das datas das sinaturas de libros que se celebrarán en Cronopios están pendentes de concretar, xa hai dúas citas pechadas. A primeira é a que protagoniza David Trueba, que visitará a librería pontevedresa o venres 28 de xaneiro. Estará acompañado por Juan Tallón. O martes 1 de febreiro é a outra data que está pechada. Nese caso virá Arturo Lezcano. Falará coa xornalista de Onda Cero Susana Pedreira. Os dous encontros serán ás 19:00 horas e a entrada libre ata completar cabida.

Comentarios