viernes. 16.04.2021 |
El tiempo
viernes. 16.04.2021
El tiempo

O cruceiro de Casas Novas estreará unha nova localización

El cruceiro, tras el accidente, y el nuevo emplazamiento. DP
O cruceiro, tras o accidente, e o seu novo emprazamento. DP
Instalarase noutro punto de Mourente para evitar a proximidade coa estrada, despois de sufrir danos a causa dun accidente

A Concellaría de Urbanismo e Patrimonio Histórico, que xestiona o concelleiro Xaquín Moreda, vén de dar comezo aos traballos para recolocar o cruceiro de Casas Novas, na parroquia de Mourente, toda vez que xa acadou a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio para instalalo nunha nova localización.

Esta peza patrimonial fora danada polo impacto dun vehículo en abril de 2017, quebrando o fuste e sendo retirado ante o risco de que o capital se precipitase ao chan.

Tras o accidente, ademais da restauración da peza, a Asociación de Veciños tamén puxo en riba da mesa a necesidade de colocalo nun lugar máis afastado da estrada, de cara a evitar novos percances e garantir a súa correcta conservación.

O Concello iniciara entón os trámites perante a Dirección Xeral de Patrimonio para acadar a autorización pertinente para trasladar o cruceiro de lugar, que finalmente foi concedida pero condicionada a que o cruceiro se manteña na mesma área. Para cumprir este requirimento, un veciño cedeu parte dunha finca particular, situada a uns metros da localización orixinal.

Unha brigada municipal, que está levando a cabo parte destes traballos, xa retirou a rocha que servía de base ao cruceiro da beirarrúa na que estaba localizada, deixando o espazo arranxado e creando un itinerario peonil máis accesible e seguro. Nestes momentos, están acondicionando a finca na que se instalará o cruceiro que, á súa vez, está sendo restaurado por parte dunha empresa especializada en traballos arqueolóxicos.

Localización orixinal do cruceiro de Casas Novas, en Mourente. CONCELLO

Esta rehabilitación súmase á do cruceiro do adro da igrexa de Mourente, que se levara a cabo no outono de 2019. Neste caso, tamén se recuperara a rasante orixinaria do cruceiro, isto é, os tres chanzos do basamento, xa que o primeiro deles permanecía enterrado pola capa de asfalto do adro da igrexa.

Ademais o Concello solicitara perante a Dirección Xeral de Patrimonio autorización para un pequeno desprazamento na localización do cruceiro, pero manténdoo dentro da mesma área. No remate das obras, a veciñanza colocara no interior do basamento unha "capsula do tempo" cun documento no que se recollía o fito tanto da recuperación da fisonomía orixinal como do desprazamento.

O cruceiro de Casas Novas estreará unha nova localización
comentarios
ç