Dá 0,94 na proba de alcoholemia tras caer coa súa moto e abrirse a cabeza

O suceso tivo lugar na estrada de Montecelo

Un control de alcoholemia. AG
photo_camera Un control de alcoholemia. AG

Un motorista case cuadruplicó a taxa máxima de alcol en sangue na proba á que foi sometido logo de sufrir un accidente na estrada de Montecelo.

O contratempo ocorreu sobre as 4.30 horas do domingo cando o piloto perdeu o control da moto e acabou impactando contra o asfalto.

Tras recibir a voz de alarma, o 112 enviou asistencia médica e aos axentes, quen comprobaron que o motorista presentaba un gran corte na cabeza.

Na proba de alcoholemia que lle practicaron deu un resultado de 0,94 mg/l.

A moto foi trasladada polo guindastre ao depósito, onde o seu titular acudiu a recollela este mesmo domingo pola tarde.