Dan negativo 12 das 13 PCR feitas tras o positivo dun menor do Príncipe Felipe

A institución está aínda á espera do resultado da última proba 
JAVI CACEROLADA ENTRADA PRÍNCIPE FELIPE
photo_camera Protesta á entrada do Príncipe Felipe. JAVIER CERVERA

A Deputación de Pontevedra informou este mércores de que xa deron negativo 12 das 13 PCR realizadas aos contactos próximos dun menor do centro Príncipe Felipe que deu positivo por covid-19, mentres que se esperan os resultados da última delas. 

En concreto, a detección deste caso supuxo illamento e PCR para seis mellores e sete traballadores do centro, que foran contactos estreitos. A Deputación xa informou o luns de que os menores deran negativo e agora precisa que tamén foron negativas as probas a seis traballadores. A institución está aínda á espera do resultado da última PCR. 

No entanto, tanto os menores como os traballadores que deron negativo, manterán a corentena prescrita polas autoridades sanitarias -os menores no centro e os empregados nos seus domicilios-. En canto ao menor que deu positivo, atópase ben e segue asintomático. 

Comentarios