Dani de la Torre busca figurantes en Pontevedra

Os responsables do casting resaltaron que se valoran "hombres con barbas o bigotes poblados"
O casting se celebrou na Casa da Luz
photo_camera O casting se celebrou na Casa da Luz

O cineasta Dani de la Torre (director de El desconocido) rodará en Pontevedra parte da súa nova película, La ley del plomo. Aínda que a información está por confirmar oficialmente por parte da produtora do título, Vaca Films, a empresa responsable da figuración do proxecto realizou este mércores un casting na Casa da Luz na procura de figurantes. Dende esa empresa si que se confirmaba que o equipo de De la Torre estivo vendo localizacións por distintos puntos de Galicia, entre eles, Pontevedra.

Segundo indicaban os responsables do casting, "la película estará ambientada en los años 20, por lo que los perfiles que se buscan siguen los criterios estéticos de la época". É dicir, interesáballes xente que non tivera o pelo tinguido e sen tatuaxes, dilatacións nin piercings. "Se valoran positivamente personas de tez clara sin marcas de tomar el sol, además de hombres con barbas o bigotes poblados y con disponibilidad de ser retocados", entre outras cousas.

Os casting para a nova película de Dani de la Torre continuarán noutras localidades nas que se levará a cabo a rodaxe. A empresa que se encarga desta selección de figurantes pon á disposición dos interesados un correo electrónico ao que dirixirse no caso de non poder asistir aos casting presenciais: [email protected]. A el deben enviarse datos de contacto e un par de fotos.

Comentarios