Darth Vader e C-3PO estarán este sábado na proba de rastrexo da Illa das Esculturas

Na iniciativa, organizada por Anpa Andaina, do CEIP A Xunqueira II, en colaboración co Concello, poderá participar calquer neno que curse Primaria nun centro educativo do municipio de Pontevedra
Participantes na edición de Rastrexo Infantil celebrada en 2019. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Participantes na edición de Rastrexo Infantil celebrada en 2019. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Darth Vader e C-3PO estarán este sábado na segunda edición do Rastrexo Infantil, unha iniciativa organizada por la Anpa Andaina, do CEIP A Xunqueira II, en colaboración co Concello de Pontevedra. A iniciativa, que se celebra como acto previo do Día Internacional da Familia, que se conmemora o día 15, desenvolverase na Illa das Esculturas.

Están convidados a participar neste rastrexo todos os nenos e nenas que estean cursando Primaria en calquera centro educativo do concello de Pontevedra, podendo inscribirse aínda ata este mércores por un euro por persoa a través do enlace anpaandaina.wordpress.com ou do teléfono 686 79 33 37.

Cartel do II Rastrexo Infantil, organizado pola Anpa Andaina e celebrado na Illa das Esculturas. ANPA ANDAINACada equipo estará composto por un mínimo de 6 e un máximo de 10 participantes, dous dos cales serán adultos, e deberá ir equipado cun compás (brúxula), un caderno e un bolígrafo. Ademais, o capitán levará un chaleco reflectante.

Baixo o título Os Jedi en Pontevedra, os grupos irán realizando unha serie de probas relacionadas coa temática de Star Wars, que, como apuntou o concelleiro de Deportes, "poden ser tanto físicas como de pericia ou intelixencia". Segundo subliñou Tino Fernández, "este tipo de rastrexos son aínda pouco coñecidos na cidade, pero cos excelentes resultados que tivemos na súa primeira edición, a diversión e o éxito desta actividade están máis que asegurados".

"Agárdase moita asistencia e que os nenos e nenas o pasen en grande con esta aventura contra o Imperio. Haberá premios para os tres primeiros clasificados, algunha que outra sorpresiña –anticipou o edil socialista– e, grazas á colaboración do grupo Froiz, un avituallamento á metade do percorrido para que os pequenos Jedi recuperen forzas".

Comentarios