David Amor guiará a presentación do novo Tanatorio de Pontevedra-San Mauro

Tras un cuarto de século, as instalacións foron obxecto dunha profunda remodelación
Aspecto dunha das zonas coas que conta o centro funerario pontevedrés. RAFA FARIÑA - Tanatorio de Pontevedra-San Mauro
photo_camera Aspecto dunha das zonas coas que conta o centro funerario pontevedrés. RAFA FARIÑA

A empresa Tanatorio de Pontevedra-San Mauro presentará este xoves as súas novas instalacións, tras varios meses de obras que permitiron ampliar e renovar a infraestrutura coa que, dende hai case 25 anos, ofrecen os seus servizos á cidade de Pontevedra e aos seus veciños.

O acto, que comezará ás 12 horas, será conducido polo actor pontevedrés David Amor e agárdase a asistencia de diversas personalidades da sociedade pontevedresa, así como de numerosos representantes do sector funerario a nivel nacional.

As novas instalacións, que se localizan nas inmediacións do cemiterio municipal, permitirán ofrecer mellores servizos acordes aos cambios que o sector vén experimentando nos últimos tempos.

Con esa segunda fase que o xoves se inaugura péchase un ambicioso proyecto cuxa primeira parte viu a luz o pasado mes de xuño, cando rematou a posta a punto de tres novas salas de velación cun deseño innovador e vangardista, totalmente accesibles e equipadas cos mellores servizos para que os familiares do defundos dispoñan dun lugar cómodo e humano no que poder despedirse dos seus seres queridos.

Dúas daquelas novas dependencias ubícanse na planta baixa, a pé de rúa, integrándose na zona ampliada. A terceira atópase na planta inferior, donde estaba se localiza o servizo de cafetería.

Todas as habitacións contan cun espazo para a velación separado da zona de reunión, que tamén se integra na sala, ofrecendo así maior intimidade ós familiares dos falecidos.

Equipadas coas últimas tecnoloxías no sector, as tres salas tamén inclúen un servizo de cátering particular.

O xerente da empresa, Juan Perdiz, destacou que a segunda fase da reforma que este xoves se abre ó público "permitirá ofrecer a los pontevedreses unas instalaciones renovadas y adaptadas a las necesidades actuales, integrando, además, la prestación de servicios pioneros,no solo a nivel provincial, sino también autonómico y nacional".

Comentarios