Unha pontevedresa denuncia que un pitbull a atacou a ela e o seu can

O can levaba boceira pero ía solto
Pitbull. EP
photo_camera Pitbull. EP

Unha moza de 23 anos denunciou ante a Policía Local de Pontevedra que un pitbull mordeuna a ela e atacou tamén o seu can. Os feitos sucederon ao redor das 20.00 horas do martes entre as rúas Sierra e Alfredo García Hermida. 

Segundo denunciou a muller, o pitbull levaba boceira, pero, a pesar diso, mordeu á súa mascota en pescozo e coxa e a ela no pulgar cando trataba de separalos. O can, segundo indicou a muller, ía solto. 

A Policía Local remitiu o asunto á Policía Nacional por se a moza decidía presentar denuncia formal.