Denunciadas cinco persoas tras ser 'pilladas' bebendo e fumando nun bar de Pontevedra

Cando chegaron os axentes intentaron esconderse para non ser descubertos
Un coche de la Policía Local de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Un coche da Policía Local de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Cinco persoas foron denunciadas pola Policía Local de Pontevedra por estar a beber e fumando no interior dun bar pechado ao público, actividade prohibida polo estado de alarma decretado en España polo coronavirus.  Foron os veciños do propio establecemento os que chamaron ás autoridades para relatar que había xente dentro do bar, situado na zona de strong <>Estribela.

Ao chegar, os axentes comprobaron que a porta do bar estaba cuberta por strong<> papeis de periódicos para ocultar o que pasaba no seu interior. A pesar diso, os policías viron luz dentro do establecemento e escoitaron voces de varias persoas e incluso música.

Logo de chamar á porta sen que ninguén respondese, un dos axentes localizou unha porta de acceso ao local desde unha vivenda anexa, onde varias persoas estaban a intentar ocultarse para non ser descubertos. No corredor de entrada ao local había tres persoas e as outras dúas foron localizadas dentro do bar.

Dentro do bar, ademais, os axentes comprobaron que había un forte cheiro a tabaco, cabichas nos cinceiros e restos das consumicións que estiveran tomando. 

Comentarios