jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Denunciados dous menores por beber alcol na zona vella e no Recinto Feiral

Asistentes al 'botellódromo' del Recinto Feiral. DAVID FREIRE (ARCHIVO)
Asistentes al 'botellódromo' del Recinto Feiral. DAVID FREIRE (ARCHIVO)
O operativo policial do fin de semana incluíu sancións a un local de Valentín García Escudero por incumprir o horario e a outro de Cruz Gallástegui por ocupar coa súa terraza máis espazo do permitido

O Concello de Pontevedra deu este luns por "resoltos" os problemas de convivencia no centro histórico desde a reapertura do botellódromo do Recinto Feiral o pasado 15 de outubro. Fíxoo por boca da súa portavoz, Anabel Gulías, que asegurou que se manterá o reforzo policial para garantir que a zona vella "sexa un espazo de convivencia múltiple" entre veciños, lecer nocturno e negocios que desenvolven a súa actividade neste ámbito. A programación musical neste ámbito continuará esta semana.

O operativo do pasado fin de semana rexistrou a maior parte das súas incidencias durante a xornada do sábado, na que se denunciou a dous menores por consumir alcol no Recinto Feiral e no centro histórico. A proposta de sanción para cada un deles pode chegar ata os 601 euros.

As autoridades locais tamén interviñeron nun local da Praza de Valentín García Escudeiro, que cometeu unha infracción ao incumprir o horario previsto pola normativa. O establecemento tiña licenza de bar e estaba a funcionar coas regras horarias dun pub, tal e como confirmaron este luns fontes policiais a este xornal.

O Concello dá "por resoltos" os problemas de convivencia no centro histórico desde a reapertura do 'botellódromo'

A última das propostas de multa afectou a un bar da rúa Cruz Gallástegui, ao que se lle abriu un expediente por ocupar coa súa terraza máis espazo do permitido. A ordenanza de veladores fixa un límite de mesas e cadeiras e determina os metros de rúa que poden ocupar os bares.

HOSTALEIROS E VECINOS. Os hostaleiros recoñecen que o botellódromo está a funcionar e que, grazas a el, están desaparecendo aos poucos as aglomeracións de mozos no centro. Iso si, o ambiente foi intenso durante toda o fin de semana. Tanto é así que Daniel Lorenzo, presidente de Hoempo, asegura que "houbo moito ambiente pola zona" pero "todos cumpriron coas normas". Neste sentido, Lorenzo cre que "a ampliación de aforamentos no lecer nocturno tamén axudou a que se notase máis xente e a que todos traballamos bastante ben".

Sensación similar tivo Bárbara García, da Plataforma Afectados Covid Pontevedra, que confirma que "foi un fin de semana bo, pero tranquilo", xa que "vimos dunha ponte, imos cara a outro e estamos a final de mes, polo que a xente non sae nin gasta tanto".

Os hostaleiros falan de fin de semana "tranquilo" e os veciños piden policías de paisano e cámaras nos puntos quentes da movida

En zonas como a rúa Pai Luis ou Pai Sobreira, onde habitualmente se xuntaban os mozos para beber, apenas se rexistraron incidentes. Con todo, García confirma que "a partir das 21.00 horas xa empezamos a ver movemento e vemos a xente con botellas". "¿En que momento os mozos van deixar a comodidade do centro para irse ao botellódromo cando se lles permitiu campar ás súas anchas polo centro? Desde logo, non se fixo nada para evitar iso e xa se apropiaron dos espazos", afirma.

Mentres os hostaleiros valoran positivamente a actitude da mocidade o pasado fin de semana, o malestar entre os veciños non cesa. Residentes da Enfesta de San Telmo aseguran que co botellódromo "só se soluciona unha parte do problema, xa que logo de ir ao Recinto, volven á zona". É por iso, que piden "máis vixilancia, con policías de paisano, e a instalación de cámaras nalgunhas zonas críticas".

Ademais, os veciños propoñen ao Concello "facer un estudo independente que analice cales son os problemas da zona", porque, de seguir así, "o centro histórico quedará baleiro, sen veciños".

Denunciados dous menores por beber alcol na zona vella e no Recinto...
comentarios
ç