Cinco denuncias e 500 coches controlados no primeiro día de estrea do Veloláser

Establecéronse dous controis: o primeiro na avenida de Bos Aires e o segundo na avenida das Corbaceiras
La campaña se prolongará hasta el próximo martes. RAFA FARIÑA
photo_camera A campaña prolongarase ata o vindeiro martes. RAFA FARIÑA

O primeiro día da campaña especial de vixilancia da velocidade, iniciado o martes pola Policía Local e que se prolongará ata o día 20, saldouse con dous controis: o primeiro na avenida de Bos Aires (fronte á pasarela peonil) e o segundo na avenida das Corbaceiras, lugar no que tamén se efectuaron este mércores despregamentos.

Durante ambos os operativos controláronse un total de 500 vehículos (100 no primeiro e 400 no segundo) e tramitáronse cinco multas. A primeira, en Bos Aires, foi por circular a 62 km/h nunha zona limitada a 30, o que acarrrea unha multa de 300 euros e retirada de dous puntos do carné.

Os catro restantes impuxéronse en Corbaceiras: tres por circular a 52 km/h e unha por facelo a 54 km/h. En todos os casos, a sanción consiste en 200 euros, sen retirada de puntos.

Os controis de velocidade realízanse en puntos aleatorios do armazón urbano e sempre onde a limitación estea fixada en 30 km/h. Os axentes empregan un vehículo camuflado, onde se sitúa un Veloláser 1.0 apoiado nun trípode, que transmite a unha pantalla os datos dos vehículos controlados e dos infractores. Unha patrulla situada uns metros máis adiante encárgase de notificar as sancións.

Sobre a zona 30 e a súa próxima aplicación nas cidades de toda España, o alcalde recordou que Pontevedra xa o fai desde o ano 2010 e congratulouse da medida acordada pola DXT. "As rúas non son estradas e non son para correr. Son espazos de convivencia", puntualizou.

Comentarios