A Deputación incorpórase ao grupo de traballo da Rede da Axenda 2030

Formará parte das mesas sobre boas prácticas e experiencias de xestión para a aplicación dos ODS 
Carmela Silva durante la sesión telemática del Consejo de Gobierno de la Femp. DP
photo_camera Carmela Silva durante a sesión telemática do Consello de Goberno da Femp. DP

A Deputación formará parte dos grupos de traballo sobre boas prácticas e experiencias de xestión na implementación local dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), que porá en marcha a Rede de Entidades Locais para a Axenda 2030 da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp). Así o anunciou onte a presidenta, Carmela Silva, tras participar na sesión do Consello de Goberno, no que participa a institución provincial.

A Femp considera "fundamental" a achega dos concellos e entidades locais para axudar na implementación dos ODS, como xa fixo a Deputación, que remitiu as iniciativas xa desenvolvidas de boas prácticas na súa xestión. A intención da institución provincial, como sinalou Silva, é seguir profundando nestas actuacións coa súa participación nos grupos de traballo que se formarán a partir de agora.

A Rede tamén coñeceu os avances do documento sobre a estratexia para implementar a folla de ruta da Axenda 2030. Xa se teñen as directrices, nas que a presidenta provincial puxo en valor que os concellos formen parte activa, e engadiu que deberían participar agora "tanto na definición da estratexia como na asunción de recursos para aplicala a nivel local". Carmela Silva sinalou que a Deputación xa participou nas directrices e agora farao na estratexia. "A Axenda 2030 é realmente por onde ve a ir o mundo, tanto a nivel económico, social, de posición da igualdade das mulleres, e todo o que ten que ver coa transición ecolóxica e a loita contra a pobreza", dixo a presidenta. "Polo tanto- engadiu- é o gran marco do mundo que se quere construír. A Deputación de Pontevedra ten un papel moi protagonista na Rede porque somos unha gran referencia en boas prácticas. De feito, o noso Orzamento está orientado ao cumprimento da Axenda 2030. Xa o estivo no 2020 e no 2021, e tamén creando unha rede cos 61 concellos da provincia para que sexamos un modelo a seguir por outros territorios galegos e do estado español". 

Os colexios oficiais avalan a Facultade Ágora
A Facultade Ágora, a iniciativa formativa impulsada pola Deputación para persoal político e técnico dos concellos da provincia co obxectivo de recuperar espazo público, acaba de ser avalada polos colexios oficiais de Arquitectura (COAG), Arquitectura técnica (COAAT), Enxeñería de Camiños, Canles e Portos (CICCP) e Engeniería técnica de Obras Públicas (CITOP) de Galicia e definida como "ambiciosa" e "necesaria". 
O apoio dos colexios xorde tras unha reunión entre o deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez e a secretaria técnica da Rede de Cidades que Camiñan Ana Montalbán (encargada da organización do curso) con representantes das entidades que mostraron o seu interese para colaborar na promoción, difusión e asesoramento técnico

Comentarios