A Deputación de Pontevedra ilumínase de morado polas enfermidades Inflamatorias Intestinais

Tanto o Pazo Provincial como lasede do ente provincial en Vigo cambiarán de cor este sábado e este domingo para visibilizar esta causa
 

O Pazo Provincial. GONZALO GARCÍA
photo_camera O Pazo Provincial. GONZALO GARCÍA

A Deputación de Pontevedra sumarase este domingo, 19 de maio, ao Día Mundial das Enfermidades Inflamatorias Intestinais iluminándose de morado para dar visibilidade e concienciar sobre estas doenzas.

Así, o Pazo Provincial de Pontevedra e a sede da Deputación en Vigo tinguiranse de morado a tarde-noite do sábado e a do domingo. 
Para o goberno provincial, é fundamental apoiar estas causas e contribuír, así, a dar a coñecer as enfermidades inflamatorias intestinais que afectan a unhas 300.000 persoas en España.

De feito, a lema deste ano é 'Facer visible o invisible', co obxectivo de mostrar distintos aspectos destas enfermidades que non adoitan ser visibles para o gran público. 

Comentarios