sábado. 14.12.2019 |
El tiempo
sábado. 14.12.2019
El tiempo

Desaloxado un edificio do centro de Pontevedra por un incendio nun bazar chinés

A Policía Local cortou parte da rúa Peregrina, onde o intenso fume dificulta o traballo dos Bombeiros

Dúas dotacións dos Bombeiros de Pontevedra mobilizáronse no mediodía deste sábado para traballar na extinción dun incendio rexistrado no número 55 da rúa Peregrina, nun bazar chinés. O lume, que causou danos materiais no interior do establecemento comercial, obrigou a desaloxar o edificio no que se atopa, segundo confirmou a Policía Local. Segundo o 112, non se rexistraron danos persoais.

Persoal de urxencias mobilizado polo incendio na Rúa Peregrina de Pontevedra. SERAFÍN ALONSOO intenso fume dificultou os labores do servizo antiincendios, nun sinistro que levou á Policía Local a cortar parte da vía por motivos de seguridade e que reuniu decenas de persoas tras o cordón policial. Tamén se pecharon varios negocios.

É o segundo incidente destas características rexistrado nas últimas horas en Pontevedra, onde un conato de incendio nunha tenda da rúa Benito Corbal provocou un susto na noite do venres e acaparou a atención de numerosos transeúntes.

Este sábado, foron varios particulares os que chamaron ao 112 Galicia para informar de que se vía saír fume do bazar chinés. Segundo informa a central de urxencias, nada máis producirse o incendio, os ocupantes do inmoble puideron abandonar as instalacións e os demais veciños tamén foron orientados a desaloxar as súas vivendas.

Desprazáronse ao lugar os Bombeiros de Pontevedra, e efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento seguían á primeira hora da tarde no lugar traballando na extinción das lapas.

Desaloxado un edificio do centro de Pontevedra por un incendio nun...
Comentarios