Detida unha parella que drogaba homes para roubarlles en Pontevedra

Empregaban Badoo para establecer contacto con outros homes, quedaban nun bar e fornecíanlles sustancias estupefacientes para logo desvalixalos

Material incautado en la operación. DP
photo_camera Un policía nacional. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Policía Nacional de Pontevedra detivo dous individuos, un deles de orixe colombiana, acusados de roubar a varios homes logo de someter a súa vontade administrándolles sustancias estupefacientes.  Os acusados, con vítimas por toda Galicia, actuaban principalmente na cidade do Lérez, pero tamén en Santiago e Vigo  onde tiñan o seu piso franco. 

Empregaban Badoo para establecer contacto con outros homes, concertando citas en establecementos hostaleiros. Unha vez no bar, fornecían as sustancias e arrastraban ás súas vítimas aos seus domicilios para desvalixalos, ou ben facían uso fraudulento das súas tarxetas de crédito.

Os axentes incautáronse de gran cantidade de obxectos roubados, o que indica que levaban moito tempo cometendo o crime.

Comentarios