Detido en Pontevedra tras fuxir da Policía cun coche con matrícula falsificada

Detectaron catro casos similares este ano, tres deles en vehículos alemáns
Uno de los turismos interceptados en lo que va de 2016
photo_camera Uno de los turismos interceptados en lo que va de 2016

Os axentes da Policía Local de Pontevedra detectaron un vehículo de gama alta transitando polas rúas da cidade facendo uso de placas de matrícula falsificadas. Trátase do cuarto episodio de similares características ocorrido no termo municipal nos primeiros meses do ano.

A máis recente actuación, ocorrida na contorna das Corvaceiras, comezou cando os axentes sospeitaron da presenza dun Audi A8 ocupado por varias persoas con matrículas de Alemaña pero nun formato estraño que obrigou aos policías a iniciar as investigacións. Tras cotejar os datos, constataron que a composición das placas correspondíalle a un vehículo histórico ou de colección do citado país. Como non era o caso, os funcionarios estableceron un dispositivo de procura por varios puntos da cidade, sendo localizado en orillamar, cerca do gremio dos Mareantes.

Comentarios