O diario británico The Guardian teno claro: Pontevedra é "o paraíso para vivir"

O xornalista Stephen Burgen fai un repaso polos cambios que experimentou o modelo urbano da cidade

Vista aérea de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Vista aérea de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

"O que se escoita na rúa é o piar de paxaros nas camelias, o tintineo das culleres de café e o son das voces humanas". Esta é unha das impresións que recolle o xornalista Stephen Burgen na súa reportaxe sobre o modelo urbano de Pontevedra, publicada no diario británico The Guardian.

O escritor entrevista ao alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, que lle explica a transformación que sufriron as rúas da Boa Vila tras a peonalización do centro, a redución do límite de velocidade, a construción de rotondas ou a aposta polos aparcadoiros subterráneos e en zonas periféricas.

Lores asegura que o centro histórico "estaba morto" e decidiron recuperalo dándolle aos seus residentes o goce do espazo público. "¿Como pode ser que a propiedade privada, o automóbil, ocupe o espazo público?", pregúntase o concelleiro César Mosquera.

A publicación fai un repaso por todas as modificacións que viviu a cidade no seu modelo urbano; un plan que hoxe en día sementa o interese e o aplauso internacional.

Ademais, Burgen tamén se fai eco das opinións dos habitantes e visitantes de Pontevedra. Algúns deles destacan os "fácil" que é vivir nela e outros quéixanse dos atascos á primeira hora da mañá ou a falta de estacionamentos.

Comentarios