martes. 26.10.2021 |
El tiempo
martes. 26.10.2021
El tiempo

Diario de Pontevedra ofrece un dron para gozar do tempo de lecer este verán

undefined
O dron que ofrece o Diario. DP

Este verán é o momento perfecto para gozar ao aire libre, só ou en familia. Para iso, Diario de Pontevedra ofrece a todos os seus lectores un dron que será o complemento perfecto de todos eses plans. O artefacto poderá ser adquirido por tan só 39,95 euros engadidos á cartilla, que debe estar cuberta con dous cupóns.

Trátase dun dron de control remoto de catro canles que dispón de catro hélices para poder virar en calquera dirección. A súa capacidade de xiro é, polo tanto, de 360º. É de cor branca e azul e está recomendado para maiores de 14 anos, dada a capacidade de voo da que dispón.

O mando funciona con catro pilas AA e o dron cunha batería recargable (o pack que ofrece o Diario inclúe o adaptador USB para realizar a carga).

As súas características técnicas son as seguintes: 2.4 Ghz, luz LED, seis eixos de xiro, modo "headless" e botón de retorno.

Este dron pode ser adquirido, como se dixo, por só 39,95 euros e a citada cartilla con dous cupóns.

Esa cartilla publicarase no interior do xornal do domingo 4 de xullo, e os dous cupóns sairán no lombo do Diario dos dous días seguintes, o luns 5 e o martes 6.

Se o lector interesado ha perdido algún cupón por algunha circunstancia ten a oportunidade de conseguir un comodín ao día seguinte, o mércores 7 de xullo.

Os subscritores de Diario de Pontevedra contarán cunha importante vantaxe á hora de adquirir o dron, dado que poderán facerse con el cumprimentando cos seus datos o cupón que se publicará durante os días da promoción. Recibirán o dron na súa casa por tan só 35,95 euros e sen gastos adicionais polo envío, beneficiándose así dun 10% de desconto.

Diario de Pontevedra ofrece un dron para gozar do tempo de lecer...
comentarios
ç