martes. 20.04.2021 |
El tiempo
martes. 20.04.2021
El tiempo

A Deputación pon en marcha un directorio de mulleres da industria musical en Galicia 

Carmela Silva, en rueda de prensa. DEPUTACIÓN
Carmela Silva, en rolda de prensa. DEPUTACIÓN
Busca que os mozos teñan referentes femininos neste sector e que a sociedade sexa conscinete da súa profesión e acabar cos estereotipos 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a coordinadora do proxecto, Olalla Dopico, presentaron este venres o primeiro directorio de mulleres da industria musical en Galicia que xa pode consultarse no sitio web www.descubreas.com. Segundo explicaron, trátase dunha iniciativa que a plataforma Regalamúsica leva a cabo da man da Deputación de Pontevedra para visibilizar ás mulleres da música, o fomento das redes colaborativas e romper coas discriminacións que tamén sofren neste ámbito. "Desde agora ninguén vai poder dicir que non atopa mulleres para contratar", dixo Carmela Silva. 

O directorio tamén pretende que a mocidade poida ter referentes femininos neste sector, que a cidadanía coñeza o seu traballo e evitar estereotipos. A presidenta da institución provincial ha anunciado que a Deputación de Pontevedra enviou unha carta a todos os concellos da provincia para que teñan en conta este directorio e contacten coas mulleres que participan en Descúbreas para as súas programacións. 

A coordinadora do proxecto, Olalla Dopico, apuntou que, ademais, queren "visibilizar o traballo das escolas e doutros colectivos que están relacionados coa música e tamén coas mulleres". Descúbreas intégrase na programación do 8M da Deputación e neste mes de marzo celebrará un ciclo de charlas nas que profesionais e artistas contarán as súas experiencias e traballos dentro da música. As charlas arrincarán o día 20 cunha sesión na que participarán Mariña Paz (voz en Furious Monkey House); Susana Saavedra (voz en Agoraphobia), Patricia Hermida (mánager) e Raquel Seijo (promotora de Sweet Nocturna). A semana seguinte, o día 26, terá lugar un concerto e a presentación dun vídeo colaborativo no que diferentes artistas da provincia interpretarán Matriarcas, de Gaudí Galego.

DATOS DA INDUSTRIA. Segundo os datos ofrecidos na rolda de prensa deste venres, só o 37% das empresas da industria musical están lideradas por mulleres, no caso das discográficas independentes soamente un 14% contan con figuras femininas e que as tres grandes multinacionais -Sony, Universal e Warner- non teñen mulleres na súa presidencia. Ademais, o 65% das mulleres traballou na industria musical sen ningún contrato nin remuneración durante polo menos un ano, o 35% estiveron entre un e tres anos sen remuneración ou contrato e case o 70% das mulleres cobran menos do soldo medio dos homes. 

A Deputación pon en marcha un directorio de mulleres da industria...
comentarios
ç