A Deputación de Pontevedra impulsa o Plan Revitaliza para popularizar a compostaxe

A día de hoxe son 42 os concellos os adheridos á proposta
Centro de compostaje comunitario en Pontevedra. DP
photo_camera Centro de compostaxe comunitaria en Pontevedra. DP

A Deputación de Pontevedra ten previsto levar á xunta de goberno do venres un novo impulso para o Plan Revitaliza mediante a concesión de subvencións a aqueles novo concellos que están máis avanzados na implantación da compostaxe no tratamento dos biorresiduos. 

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, compareceu o xoves en rolda de prensa para avanzar que o goberno provincial ten previsto facer unha análise da situación na que se atopa o Plan Revitaliza para encarar unha nova etapa logo dos cambios nas alcaldías dalgúns municipios que forman parte desta iniciativa. 

A día de hoxe son 42 os concellos que están adheridos ao Plan Revitaliza dos 61 que conforman a provincia de Pontevedra, o que César Mosquera valorou como "todo un indicativo do éxito do Plan". En calquera caso o vicepresidente matizou que "é máis importante atender ben aos concellos que o número". "Loxicamente, se se adhiren máis no futuro estaremos encantados", abundou. 

Existen 42 concellos adheridos ao Plan Revitaliza

Son 14 os municipios que se atopan nunha fase máis avanzada deste modelo de xestión dos residuos baseado na compostaxe, o que significa que se compostan o 52% dos biorresiduos que producen. Destes, nove concorreron a esta convocatoria de axudas na que a Deputación achegará 1,7 millóns de euros (trátase dos municipios de Mondariz, As Neves, Tomiño, Vilaboa, Mondariz Balneario, A Illa de Arousa, Valga, O Grove e Poio). 

Este diñeiro destinarase a strong <>comprar composteros individuais e comunitarios, material complementario ou incluso un camión para trasladar o estructurante.

PONTEVEDRA E VIGO. O Concello de Pontevedra non recibe subvención económica directa para facer o despregamento da compostaxe por parte da Deputación, polo que non se pode considerar dentro da Liña 2 do Plan Revitaliza a pesar de ser un dos concellos que máis avanzou na consolidación deste modelo dentro da provincia. 

César Mosquera recoñeceu que a incorporación do Concello de Vigo ao Plan Revitaliza obrigaría a reformular o actual modelo debido á dimensión da cidade olívica, que "alteraría a escala" do método de traballo en canto á necesidade dunha planta de tratamento e máis persoal técnico, admitiu. "Outra cousa é que non poida haber colaboracións, que as haberá", engadiu o vicepresidente provincial. 

Comentarios