A Deputación de Pontevedra leva a campaña turística 'Fame de experiencias' a Madrid 

Esta actuación enmárcase dentro do Plan Estratéxico de Turismo

Carmela Silva durante la rueda de prensa. TWITTER.
photo_camera Carmela Silva, este venres. ARQUIVO.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que, dentro da promoción turística 2019 de Rías Baixas, coa mirada posta na tempada de Semana Santa e de verán, impulsarase unha campaña de publicidade exterior para espertar o Fame de experiencias en rúas madrileñas de gran afluencia e no aeroporto Adolfo Suárez-Barallas. 

Esta actuación enmárcase no Plan Estratéxico de Turismo, que situou á capital do Estado como lugar prioritario para a promoción deste destino. 

Para a Semana Santa, concretamente entre o 15 de marzo e o 15 de abril, a Deputación vai promover o destino Pontevedra provincia en Madrid a través de 20 mupis repartidos nos intercambiadores de transporte público da Avenida de América, Praza de Castela e Príncipe Pío. 

En canto ao verán, a Deputación de Pontevedra contratará en xuño 40 mupis dixitais da zona de saídas de voos nacionais e internacionais da Terminal 4 do aeroporto da capital.

VISITAS CARACTERIZADAS Ao CASTELO DE SOUTOMAIOR. Nesta mesma rolda de prensa Carmela Silva deu a coñecer que desde este venres é posible reservar praza, na páxina web (www.castelodesoutomaior.com) para participar en Camelia e moda, as primeiras visitas caracterizadas ao castelo de Soutomaior que terán lugar os días 23 de febreiro e 3 e 10 de marzo. 

Tres guías caracterizadas de María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Coco Chanel serán as protagonistas destas visitas, que se desenvolverán en cinco sesións de hora e media de duración os días 23 de febreiro (11.00 horas), 3 e 10 de marzo (12.00 e 16.00 horas). 

O goberno de Carmela Silva lanza tamén as visitas temáticas A ruta da camelia para percorrer os xardíns, en plena floración dos máis de 400 exemplares que ten o recinto do castelo. En total ofértanse 450 prazas, 30 por cada unha das sesións. 

Comentarios