A Deputación mobilizará 300 millóns de euros co plan estratéxico provincial de fondos europeos

Inclúe 10 programas con 54 accións para o período 2021-2026 
Silva y Mosquera. DEPUTACIÓN
photo_camera Silva e Mosquera. DEPUTACIÓN

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o vicepresidente, César Mosquera, presentaron este mércores en rolda de prensa telemática o plan estratéxico provincial de fondos europeos que inclúe 10 programas con 54 accións pensadas no horizonte 2021-2026. "Mobilizaremos 300 millóns de euros a curto, medio e longo prazo", dixo. 

Segundo sinalou Carmela Silva, desde que o presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, anunciase o plan de recuperación e resiliencia, na Deputación de Pontevedra levan un "intenso traballo de todas as áreas", aínda que "xa había moito avanzado desde 2015, consultando numerosos sectores da economía". 

César Mosquera engadiu que "xa" tiñan "moito traballado" porque sabía por onde ían ir". "A pandemia ensinounos que somos moi vulnerables e que temos que facer un gran esforzo para non quedar atrás", sinalou. Ademais insistiu o vicepresidente que "a Deputación de Pontevedra traballa para os concellos" e neste sentido para este luns está fixada unha reunión por videoconferencia "para xestionar ben". 

Carmela Silva precisou que se lle dará aos concellos un prazo para achegar ideas e ademais comprometeu que se moveremos "entre os ministerios para defender o noso proxecto". "Porque cremos que é moi grande", abundou. 

Este plan integral estratéxico de fondos europeos está baseado na "transición verde, igualdade e cohesión territorial", explicaron, e está en liña coa "políticas panca, coa política de cohesión europea e cos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible". Ademais preténdese chegar con el a todos os concellos de menos de 50.000 habitantes. 

O primeiro programa deste plan é o de cohesión territorial, ao que se destina un orzamento de strong <>máis de 60 millóns. "é fundamental que todos os concellos teñan recursos e servizos", indicou Carmela Silva. 

Para iso construiranse novos equipamentos e dotacións innovadoras, sostibles, con enerxías alternativas para prestar servizos e dereitos. Ademais avanzarase na dixitalización para mellorar a prestación de servizos e fomentar a eficiencia na súa xestión.

INCLUSIÓN SOCIAL. O segundo programa está dirixido aos coidados e inclusión social e está dotado con cinco millóns de euros para "un novo modelo de coidados e corresponsabilidade" que aposte pola mobilidade inclusiva, pola teleasistencia intelixente, as cooperativas para o coidado ou o envellecemento activo no rural. 

O terceiro é o programa de emprendemento e formación laboral con 13,5 millóns de euros, o cuarto dedícase ao "de turismo intelixente e sostible" con 16 millóns e o quinto programa destina 5 millóns de euros para a Reacción Cultural" acordando co sector unha serie de iniciativas como os festivais de música, de cine, de videoxogos, unha aposta polo audiovisual, ou medidas dedicadas á posta en valor do patrimonio arqueolóxico, o impulso de laboratorios creativos, ou programas de promoción do talento. 

Co sexto programa seguirán "profundando nunha administración eficiente e innovadora" e, para iso, órzanse 4,5 millóns de euros destinados a un Plan de modernización das entidades locais con aplicacións unificadas, dixitalización, ciberseguridad ou a modernización do organismo provincial de xestión de tributos coñecido como o Oral e do sistema fiscal. 

O sétimo programa céntrase na acción destinada " Axenda urbana e mobilidade sostible" cun orzamento global de 75 millóns de euros onde se inclúen iniciativas xa coñecidas como o Ágora, o Plan Móvese, e poténcianse outras como a mellora das infraestruturas do rural, converter en mobilidade verde infraestruturas en desuso, a mobilidade peonil e ciclista, ou as sendas litorais, entre outras medidas. 

O oitavo programa aposta pola dixitalización, a eficiencia enerxética e a posta en valor dos recursos patrimoniais, cun orzamento de 46,5 millóns. Neste apartado inclúese o Museo de Pontevedra, a recuperación dos castelos da provincia ou a mellora enerxética de equipamentos. 

O noveno programa está destinado ao sector primario, á economía circular, e á xestión dos biorresiduos para o que se destinan 20 millóns de euros e finalmente o décimo programa dedícase " transición verde" e a protección hídrica e forestal, con 15 millóns de euros.