A Deputación reforza o persoal e as medidas de desinfección en centros de menores

Silva informou de que a unha das traballadoras de centro Príncipe Felipe que estaba en illamento preventivo realizóuselle unha PCR e o seu resultado foi negativo

Vista general del Centro Príncipe Felipe, de sus inmuebles e instalaciones deportivas. RAFA FARIÑA
photo_camera Vista xeral do Centro Príncipe Felipe, dos seus inmobles e instalacións deportivas. RAFA FARIÑA

A Deputación de Pontevedra acordou "reforzar" as medidas de desinfección en centros educativo-sociais para menores de idade, ampliar o persoal traballador nalgúns deles e estuda habilitar novos espazos.

Unhas decisións que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o seu equipo tomaron este mércores na reunión de seguimento que se realizou nas dependencias do centro educativo-social Príncipe Felipe.

Alí actualizáronse as medidas de prevención ás "ordes ministeriais de Sanidade" respecto destes centros. Se fose necesario se redimensionarían os centros para "anticiparse ás previsións da evolución da crise sanitaria que sitúan o pico da pandemia ao longo deste mes de abril".

Segundo a Deputación, realízase un seguimento diario da crise en todos os servizos da provincia, pero Príncipe Felipe "é a liña prioritaria de atención desde o primeiro día". De feito, a este centro chegarán "nos próximos días" Equipos de Protección Indivudual (EPI) que se habilitan para "poder enfrontar calquera suposto" dun posible contaxio no Centro.

Ademais, Silva informou de que unha das traballadoras que estaba en illamento preventivo realizóuselle unha PCR e o seu resultado foi negativo. No mesmo centro contratáronse a seis persoas máis, catro para o traballo técnico e dous para a vixilancia.

En Agarimo e Escola Fogar reforzáronse as medidas de desinfección e limpeza, incrementouse a carga de lavandería e habilitáronse novos espazos médicos.

Ademais, respecto dos menores do centro de día de Príncipe Pío estáselles facendo un seguimento telefónico diario" e lévaselles aos seus domicilios "os kits de alimentación, hixiene e subministración de medicación" necesario, así como ás familias que non dispoñen de acceso a internet, o material escolar que precisan.

Estes mesmas reparticións tamén se estenden a seis concellos da provincia, precisa finalmente o comunicado enviado por esta institución.

Comentarios