Dispáranse os contagios diarios e aumentan os hospitalizados na área de Pontevedra

Todos os indicadores mostran unha tendencia negativa
El hospital de Montecelo. ARCHIVO
photo_camera El hospital de Montecelo. ARCHIVO

Todos os indicadores que permiten avaliar o impacto da sexta onda continúan a súa evolución negativa. Segundo o balance do Sergas deste martescon datos actualizados ata as 18.00 horas do luns, na área de Pontevedra-O Salnés hai 527 casos activos, 71 máis que un día antes; os contagios diarios disparáronse ata os 78, fronte aos 49 dun día antes; e a cifra de hospitalizados segue crecendo: xa son 18 os pacientes con covid ingresados, tres máis que a xornada precedente.

En concreto, hai 16 persoas co virus ingresadas en planta, das que 14 ( tres máis) están no Chup e dous no Hospital do Salnés. Na Uci do Montecelo continúan dous pacientes.

Desde o inicio da pandemia, na área curáronse 21.422 pacientes covid (sete na última xornada) e faleceron con este virus 206 persoas. A última vítima é un home de 92 anos cuxo deceso foi comunicado este domingo dous meses sen mortes por coronavirus na área sanitaria.

En 24 horas realizáronse 1.274 PCR's, para un totald de nbsp;317.933&xa efectuadas desde que comezou a pandemia.

BALANCE Ponche

GALICIA. A presión hospitalaria continúa incrementándose en Galicia, pois conta xa con 155 persoas enfermas de covid-19, 15 máis que na xornada anterior, mentres que tamén soben os novos contaxios ata os 494 infectados, 79 máis que no último reconto.

Segundo o Servizo Galego de Saúde, ata as 18:00 horas deste luns había na comunidade 5.422 persoas infectadas por coronavirus, 366 máis.

En canto á presión hospitalaria, nos centros sanitarios galegos hai 128 persoas ingresadas en planta, 14 máis que este luns; e 27 enfermos graves de covd-19 nas unidades de críticos, unha máis que na xornada anterior.

Desde o inicio da epidemia contaxiáronse en Galicia 189.934 persoas, das que se recuperaron 181.878 e faleceron 2.670, tras a morte de tres persoas nas últimas horas.

Por áreas sanitarias, os casos de infección activa soben en todas, de xeito máis acusado en Ourense e en Vigo, as dúas zonas que ademais contan con máis acodes contaxiadas.

Así, na área de Ourense rexistráronse un total de 1.460 casos activos, 109 máis; mentres que na de Vigo contabilizáronse 1.466, 94 máis que na xornada anterior.

Por número de casos activos séguenlle a área da Coruña, que conta con 759 infectados, 44 máis; a de Pontevedra, con 527 casos, 71 máis; e a de Lugo, que contabiliza 490 casos, 15 máis que este luns.

Para rematar, Santiago de Compostela rexistra un total de 444 persoas infectadas, 18 máis que este luns; e Ferrol 276, 15 máis que na xornada anterior.

Comentarios