Cinco doantes posibilitaron 22 transplantes de órganos no CHUP

Doáronse oito riles, seis córneas, cinco fígados, dous pulmóns e un tecido
Intervención de un trasplante. ARCHIVO
photo_camera Intervención dun transplante. ARQUIVO

A oficina de coordinación de transplantes da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés xestionou durante 2019 un total de 22 transplantes, 21 de órganos e un de tecidos, procedentes todos eles de dous homes e tres mulleres. Outras sete persoas, seis homes e unha muller, non puideron converterse en donadores ben por contraindicación médica ou por negativa da súa familia.

Segundo os datos que desvelou este mércores o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, xeráronse en concreto a doazón de oito riles, seis córneas, cinco fígados, dous pulmóns e un tecido.

O balance de 2019 reflexa que un 40% dos doantes eran menores de 65 anos e outro 40% tiñan idades comprendidas entre os 65 e os 75 anos, mentres que o 20% restante superaba os 75 anos de idade. Esta avanzada idade, segundo o Sergas, provoca que as doazóns de órganos nesta área sexan maioritariamente órganos abdominais como riles ou fígados, mentres que os órganos torácicos adoitan ser desestimados por contraindicaciones médicas.

O 60% dos doantes tiñan idades comprendidas entre os 65 e os 75 anos

Estes datos sitúan ao hospital pontevedrés como o sexto centro sanitario galego en extracción de órganos, dentro dos doce que realizan este labor en Galicia.

No Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra son preto de vinte profesionais os que participan na extracción de órganos, todos eles dirixidos polos membros da oficina de coordinación de transplantes, composta por tres facultativos e dúas enfermeiras.

Nestas operacións colabora persoal de enfermería, auxiliares, celadores e profesionais das áreas de Cirurxía, Anestesiología, Neurofisiología, Neurología, Radioloxía, Oftalmoloxía, a Unidade de Coidados Intensivos, Microbiología e Análises clínicas.

Comentarios