Dobre celebración en Pontevedra

Rosa María Conde, que cumpría 102 anos, e María González Vázquez, que sumaba 103, recibiron a visita de Miguel Anxo Fernández Lores

Lores junto a María González Vázquez. CONCELLO DE PONTEVEDRA
photo_camera Lores xunto a María González Vázquez. CONCELLO DE PONTEVEDRA

Lores visita a María González Vázquez con motivo do seu 103 aniversario e entrégalle o tradicional ramo de flores

O alcalde, MiguelAnxo Fernández Lores, visitou a María González Vázquez con motivo do seu 103 aniversario. O rexedor nacionalista fíxolle entrega do tradicional ramo de flores a esta centenaria, á que saudou por primeira vez. Ata agora, ambos non puideran coincidir. María celebrou a súa 102 aniversario en Xénova facendo un cruceiro.

Rosa María Conde cumpre 102 anos de idade e recibe na súa casa da rúa Arcebispo Malvar ao rexedor pontevedrés

Rosa María Conde cumpriu este luns 102 anos de idade. Con motivo do seu aniversario, e como é tradicional no Concello, recibiu ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, na súa casa da rúa Arcebispo Malvar. Lores tamén lle entregou un ramo de flores e despediuse da centenaria ata o ano que vén.

Lores xunto a Rosa María Conde. GONZALO GARCÍA

Comentarios