Rafa Domínguez aposta pola continuidade para configurar "a lista do cambio"

A saída da concelleira Ana Isabel Vázquez, o ascenso de posicións de Guille Juncal (4) e Beatriz Rei (8)  e a incorporación Silvia Crespo (10), Aroa Otero (12) e Jorge García Borregón (13) , principais novidades da candidatura coa que o PP de Pontevedra concorrerá ás eleccións de maio

 

20230418_Ggarcia_002
photo_camera Domínguez e Pepa Pardo no acto. GONZALO GARCÍA

"O que funciona non se toca". é a máxima que seguiu o presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, para configurar xunto ao seu número 2, Pepa Pardo, unha candidatura continuista, coa que concorrerá o PP ás eleccións do 28 maio.

A concelleira Ana Isabel Vázquez é a única que non repite na lista popular, tal e como asegurou o líder do partido, "nunha decisión tomada entre ambos tendo en conta as súas responsabilidades como xerente da Cidade da Cultura".

Sobe ao número 4 o concelleiro máis novo do grupo municipal, Guille Juncal, do que Domínguez destacou que "non é o futuro de Pontevedra, é o"presente ; e Beatriz Rei González, ex presidenta da Asociación de Vecinos da Pedra do Lagarto, pasa do número 18 ao 8 para recoller as necesidades do barrio da Parda e impulsar a candidatura no barrio.

Entre as caras novas Silvia Crespo Tobío, membro da Executiva local, cunha ampla traxectoria en AEMPE, que ocupará o número 10; Aroa Otero, docente da UVigo, representando a Ponche Sampaio (12) e o subdirector de Calidade do CHUP e médico Jorge García Borregón que ocupará o número 13.

"é unha lista pensada, de xente seria, traballadora e responsable", manifestou a cabeza de lista do PP na súa presentación. O 28 de abril farán un acto público para presentar ao seu equipo á cidadanía.

Lista do PP local para as eleccións

  1. Rafa Domínguez
  2. Pepa Pardo
  3. Pablo Fernández
  4. Guille Juncal
  5. Silvia Junco
  6. Martín
  7. Juan Manuel Muñoz
  8. Beatriz Rei
  9. Gerardo Pérez
  10. Silvia Crespo
  11. Iago Acuña
  12. Aroa Otero
  13. Jorge García
  14. Raquel Martínez
  15. Luís Aciñeiras