Domusvi, preparada para lanzar a oferta de prazas na súa residencia de maiores

A empresa planea terminar as obras en setembro e abrir a finais de ano o centro de Loureiro Crespo
Estado de las obras del nuevo centro para mayores promovido por Domusvi. GONZALO GARCÍA
photo_camera Estado das obras do novo centro para maiores promovido por Domusvi. GONZALO GARCÍA

A firma Domusvi xa está "preparada para poder lanzar formalmente" o proceso oficial de comercialización das prazas coas que contará a residencia para maiores que está a construír no emprazamento do antigo cuartel da Garda Civil, en Loureiro Crespo.

A empresa indicou que prevé abrir "en breve" ese proceso e que espera unha boa resposta no que se refire á reserva de prazas, posto que ata agora estivo "a disposición das persoas que se interesaron, proporcionando a información solicitada dispoñible", e durante este tempo percibiu "un alto interese pola nova apertura". 

En todo caso, confirmou que esa apertura "está programada para finais deste ano" e que a data que manexa actualmente para ter finalizadas as obras do edificio é o mes de setembro, algo máis tarde do que se sinalou nun principio.

O centro contará con 118 prazas coas que, segundo confirmou Domusvi, ofrecerá servizo residencial sectorizado, con manutención, terapia ocupacional, fisioterapia, animación sociocultural, enfermería 24 horas, servizo médico, chamadas de enfermeira en todas as habitacións, podoloxía, cafetería, barbería, lavandería, cociña propia, limpeza e servizo de room service, entre outros. Tamén contará con zona de psicogeriatría para trastornos conductuales e unha área para a unidade de coidados especiais/crónicos. Todo iso, engadiu a empresa, "dotado coas últimas tecnoloxías", así como unha zona de aparcadoiro e outra de xardinería interior, pois o proxecto contempla a creación dun horto urbano para que os residentes cultiven a terra.

Domusvi dispón xa de 204 centros e residencias distribuídos polo territorio español nos que atende a 200.000 usuarios e que suman máis de 23.000 profesionais, incluíndo 25 hospitais de día, 19 de atención á discapacidade, 13 de saúde mental, dúas sociocomunitarios, dous complexos de apartamentos con servizos e 143 centros residenciais. Do total, 37 sitúanse en Galicia. 

Parcela de 1.320 metros cuadrados
O centro que Domusvi está construindo en Loureiro Crespo ocupa unha parcela de 1.320,05 metros cuadrados, unha superficie menor á prevista inicialmente, porque parte do solo cédese ao Concello de Pontevedra para zonas verdes.
El edificio terá baixo e seis plantas e distintas áreas nos primeros pisos: recepción, administración e terapias, ximnasio, sala de convivencia, comedor, cafetería e xardín.
Este proxecto coincide no teempo coa reforma da rúa Loureiro Crespo, que inclúe parte do barrio de O Castañal.
A edificación que antes ocupaba o vello cuartel da Garda Civil levaba cerrada desde 2006. A antiga Comandancia da Benemérita abriu as súas portas en 1944, oito anos despois do inicio das obras, que comezaron oficialmente en 1936.

Comentarios