Dúas persoas resultan feridas ao chocar tres turismos en Pontevedra

O accidente producíase este venres na N-550, en dirección Santiago

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión múltiple en Pontevedra. Ao fío das 08.00 horas deste venres, segundo o persoal dunha ambulancia –de servizo– que informaba ao 112 Galicia dun accidente entre tres vehículos na N-550, dirección Santiago, concretamente, ao pasar a sala de festas La Lúa. 

Desde o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, nada máis recibir o aviso, informouse á central de Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros e Protección Civil. Así mesmo, requiriuse a intervención do persoal do servizo de limpeza e mantemento da estrada, polos danos ocasionados na calzada.

Comentarios