Dous DJs porán música ás noites do venres e o sábado no 'botellódromo'

O Concello programa as actuacións de Russinha e Parking Dust

Cartel

O Concello de Pontevedra avanzara que seguiría programando actividades para as fins de semana no Recinto Feiral unha vez recuperado o botellódromo e xa hai cartel musical para esta semana. Nesta ocasión haberá sesións de picadiscos o venres e o sábado, de 21.30 horas a 1.00.

Así, nunha aposta nesta ocasión por "músicas urbanas actuais", a explanada superior do Recinto Feiral acollerá a Russinha e Parking Dust. O acceso é libre.

Parking Dust, natural de Pontevedra, é un DJ "habitual" nas sesións nocturnas da cidade, e "tamén nas máis vespertinas". Segundo apunta o Concello, nas súas actuacións prima o xénero urbano —rap, trap…—, sen esquecer as liñas e melodías clásicas do ambiente hiphop. 

Russinha. CONCELLORussinha —na foto, nada en Santiago de Compostela en 1991, é un exemplo das novas xeracións de picadiscos e bebe de distintas fontes e referencias Di ela que volveu "á aldea despois de estar na India e agora vivo nunha balea".

O Concello asegurou este luns que seguirá apostando polo botellódromo reaberto na pasada fin de semana e subliñou que "baixou drasticamente os conflitos de convivencia na Zona Monumental". Tras un venres frouxo, a administración local apunta que o sábado "si funcionou ben, con varios centos de persoas alí reunidas".

Comentarios