Echegaray pecha desde este luns ao tráfico para pór punto e final á súa reforma

Obras en Echegaray. JAVIER CERVERA
photo_camera Obras en Echegaray. JAVIER CERVERA

Echegaray pecha desde este luns e ata o venres ao tráfico para pór punto e final ás obras de reurbanización. As restricións aplícanse desde as 9.00 horas e prevese que a partir das 19.30 horas do Día de San Valentín se reabra ao tránsito.

Os traballos, que executa Viaqua como unha das melloras do contrato da auga, permitiron a renovación de todos os servizos subterráneos e a ampliación de beirarrúas. A actuación tamén incluíu a mellora da iluminación. A obra contou cun orzamento de 696.064,21 euros.

Comentarios