lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

Educación Infantil e Integración Social, os ciclos de FP con máis demanda

Ciclo superior de Deseño e Amoblamento do CIFP A Xunqueira. RAFA FARIÑA
Ciclo superior de Deseño e Amoblamento do CIFP A Xunqueira. RAFA FARIÑA
Os centros de Formación Profesional de cidade cubriron a maioría das prazas ►As persoas admitidas teñen de prazo desde este mércores ata o día 27 para formalizar a matrícula

A formación profesional continúa pisando con forza en Pontevedra. A Consellería de Educación publicou este martes a listaxe de admitidos e a correspondente lista de espera para os ciclos tanto de grao medio como superior. A oferta dos centros educativos da cidade tivo moi boa acollida, pois a maioría das opcións xa cubriron todas as súas prazas.

O CIFP A Xunqueira, que ofertou un total de 345 prazas, xa cubriu as dos ciclos superiores de Educación Infantil, de Integración Social, de Promoción e Igualdade de Xénero e de Sistemas de Telecomunicacións. Ademais, o de Educación Infantil ten a lista de espera máis longa de todos os centros cun total de 300 persoas, seguido de 200 no de Integración Social. Porén, aínda hai prazas dispoñibles nos ciclos superiores de Mantemento Electrónico e no de Deseño e Amoblamento. Nos ciclos medios da Xunqueira, con todas as prazas cubertas, os que máis solicitudes tiveron foron o de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e o de Electromecánica de Vehículos.

Outro dos grandes triunfadores foi o ciclo superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva do IES Sánchez Cantón. Na lista de espera atópanse ata 200 persoas.

O Instituto Luís Seoane encheu todas as prazas de ciclos medios en Actividades Comerciais e Xestión Administrativa. Nos superiores, o de Administración e Eianzas e o de Comercio Internacional segueron a mesma liña. Porén, nos ciclos superiores, aínda quedan opcións no de Asistencia á Dirección e no de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.

No mesmo camiño, o IES Frei Sarmiento completou todas as súas prazas para o vindeiro curso. A gran aposta dos solicitantes foi o de Coidados Auxiliares de Enfermería con cen persoas agardando unha praza. Outras cen o fan tamén para o superior de Dietética e para o de Laboratorio Clínico e Biomédico. A única opción de ciclo superior no centro con prazas dispoñibles é o de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.

Mentres, o CIFP Carlos Oroza concentra a rama de hostalaría enchendo, practicamente, a totalidade das prazas, só con lista de espera no de Dirección de Cociña. No IES Montecelo segue arrasando, un ano máis, o ciclo medio de Farmacia.

Educación Infantil e Integración Social, os ciclos de FP con máis...
comentarios
ç