O reparto de 8.000 composteiros nas parroquias comezará a finais de mes

Os primeiros entregaranse en Tomeza
Uno de los composteros domésticos que se repartirán. ARCHIVO
photo_camera Uno de los composteros domésticos que se repartirán. ARCHIVO

A portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, anunciou este lunes que veñen de ser aprobadas as bases para fomentar a implantación da compostaxe, que suporá o reparto de 8.000 composteiros individuais nas parroquias do municipio de Pontevedra.

Segundo a previsión inicial, o reparto podería comezar a finais de agosto ou principios de setembro e a primeira parroquia na que se inicie esta folla de ruta será Tomeza.

Anabel Gulías asegurou que a aprobación destas bases "era un paso necesario para o que consideramos vai supor unha revolución no tema de entender a xestión dos residuos a partires de agora".

A portavoz lembrou que xa na semana pasada o concelleiro de Mobilidade, César Mosquera, daba a coñecer a posición do Concello con respecto aos obxectivos da Estratexia Galega de Economía Circular, lembrando que xa se cumpren os obxectivos en materia de compostaxe que a Xunta sinala para 2030. "Podemos presumir de estar xa por diante pero non nos conformamos coas marcas que temos actualmente, senón que para nós é unha prioridade política despregar este sistema de tratamento de residuos no noso Concello" afirmou Gulías.

O despregue de composteiros individuais comezará toda vez que o documento regulador das bases aprobado este luns en xunta de goberno pase o trámite na base estatal de subvencións e sexa publicada no BOPPO, trámite que se espera que estea completado no prazo dunha semana e media.

Tras a publicación das bases, ademais dos repartos programados polas parroquias, calquera veciño ou veciña do Concello poderá solicitar por Rexistro o seu composteiro individual durante o prazo dun ano.

Salcedo e Campañó, seguintes paradas
Anabel Gulías explicou que o reparto comezará en Tomeza, parroquia na que xa se realizaron charlas informativas, e que continuará nunha primeira fase por Salcedo, e nunha segunda por Campañó. O procedemento basearase na realización de novas charlas informativas nas parroquias para acadar a participación activa da veciñanza.

Nestas sesións informativas, os veciños e veciñas que se sumen ao programa e soliciten o seu composteiro individual asinarán unha declaración responsable na que se comprometen a facilitar o seguimento do proceso por parte do Concello e da empresa reponsable. O seguimento será realizado polo persoal profesional e formado especificamente (mestres composteiros).