Domingo. 16.06.2019 |
El tiempo
Domingo. 16.06.2019
El tiempo

Emocionante chegada a Galicia da última rotación da Brilat en Líbano

Cánticos, bágoas e emoción no recibimento en Santiago dos últimos 274 militares despregados no país de Oriente Próximo

Centenares de familiares, pertrechados de globos e pancartas, congregáronse á primeira hora da mañá deste mércores no aeroporto de Santiago de Compostela para recibir aos últimos 274 militares da Brilat despregados en Líbano, que regresaron a España tras seis meses de misión. 

Os militares aterraron en Lavacolla pouco antes das 7.00 horas e, tras unha espera que se lle fixo "eterna" aos seus familiares, puideron abrazalos, entre cánticos, risas e bágoas de emoción, especialmente dos numerosos nenos que se congregaban no aeródromo. 

As familias coincidiron en destacar a "dureza" destas misións tamén para os que quedan en España e, cunha emoción visible, deron numerosas mostras de alegría polo regreso dos efectivos, que agora pasarán uns meses nas súas casas. 

Estiveron seis meses "verificando o cesamento de hostilidades" entre Israel e Líbano

O Xefe de Estado Maior durante a misión en Líbano, Federico Sáez Peco, destacou á súa chegada a "ilusión" que supuxo para os soldados tanto o despregamento como o regreso, que cualificou de moi "emocionante" tras unha "misión dura".   "Estamos moi contentos co resultado e, tras seis meses coa familia lonxe, encantados de volver", dixo, as declaracións aos medios tras aterrar en Santiago.

FIN DA MISIÓN. Os que chegaron este mércores a Galicia son os últimos 274 militares despregados na zona, polo que, recordou Sáez Peco, unha vez que "todo o mundo estea na súa casa, a misión terminaría".  Durante este medio ano en Líbano, os militares españois estiveron encargados de verificar "o cesamento e hostilidades entre Israel e Líbano", a través de patrullas e observatorios, fomentando tamén "relacións coa poboación local". 

Sáez Peco explicou que os 3.500 homes despregados sobre o terreo, de oito nacionalidades, realizaron da orde de 220 patrullas ao día nun sector do sur de Líbano, ademais doutro tipo de proxectos no que cualificou dunha misión "moi bonita, pero moi demandante". 

Emocionante chegada a Galicia da última rotación da Brilat en Líbano
Comentarios