Ence axuda a modernizar o mar

COMPROMISO CO MEDIO AMBIENTE ▶O Plan Social de Ence elixiu 28 proxectos de colectivos que pretenden modernizar o seu traballo e innovar co Medio Ambiente como único beneficiario. As confrarías de pescadores da ría de Pontevedra son algunhas das beneficiadas por estas axudas

Vista general de la Illa de Tambo, cuya titularidad pertenece al Ministerio de Defensa. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Vista panorámica dunha parte da ría de Pontevedra, coa illa de Tambo no centro da imaxe. DP

As confrarías da ría de Pontevedra poderán cumplir este ano con algúns dos seus máis agardados proxectos grazas ao Plan Social de Ence. Foron 28 colectivos os elexidos recentemente entre os que se atopa a empresa de proxectos forestais Probosque. Estas axudas están dedicadas ao impulso ao emprendimiento e á innovación. Estes aportes están dirixidos a empresas, colectivos, entidades e persoas físicas para o financiamento de proxectos de autoemprego e emprendemento empresarial sempre que supoña un beneficio para o Medio Ambiente, o aproveitamento sostible dos recursos naturais e a xeración de emprego no ámbito territorial.

Ademais, dentro do Programa Talento, Ence outorgou bolsas de formación e práctica laboral destinadas a titulados e tituladas universitarios ou de Formación Profesional, que non teñan experiencia laboral previa no ámbito. A finalidade é completar a súa formación en áreas de coñecemento que lles permitan acceder con máis facilidade ao mercado laboral.

Unha das axudas deste Plan Social de Ence, ao que destinaron 600.000 euros, foi parar á Confraría de Pescadores de Portonovo. O seu patrón maior, José Antonio Gómez, explicou que se enteraron deste programa "e optamos a el, por primeira vez, porque o noso proxecto encaixaba na categoría de emprendemento e innovación". "Recentemente renovamos a lonxa e con esta axuda imos adquirir unha carretilla contrapesada eléctrica para mellorar o servizo ofrecido tanto a clientes como a barcos", engadeu.

"Esta compra é moi importante porque ten un sistema que non é contaminante. As máquinas vellas xa non está permitido usalas porque empregan gasoil ou butano", explica o máximo responsable do colectivo. A maior parte desta aportación irá destinada á máquina pero o restante sufragará "os gastos corrientes".

"Unha entidade como a nosa agradece moito esta subvención porque sen ela seríanos inviable facer estas actuacións"

 

"Empregarémola para pagarlle ao personal. Xustamente en outubro comeza unha persoa a traballar con nós: dedicaráse á comercialización na lonxa", concreta Gómez.

FURTIVISMO. Pola súa banda, a Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, invirteu esta axuda na contratación de dous vixilantes para reforzar a loita contra o furtivismo, un dos quebradeiros de cabeza dos mariñeiros, mariñeiras, mariscadores e mariscadoras.

Como os seus colegas de Portonovo, os pontevedreses tamén partirán o recibido para destinalo á mellora da súa xestión administrativa e para pagarlle a metade do ano do salario á oficinista e aos traballadores da secretaría da propia institución. Por outra banda, outra das accións para as que destinarán a aportación será para levar a cabo un aumento do peche de control de Lourido para garantir máis seguridade.

No caso da Confraría de Pescadores de San Gregorio de Raxó, a axuda dedicarana a "facer melloras no local da Confraría, para pagar a contratación dunha persoa para que realice labores do servizo de vixilancia e para mercar contenedores de plástico para surtir aos mariñeiros e que poidan gardar os aparellos nos portos", explica o patrón maior, Iago Tomé. Ademais, con estes cartos mellorarán a lancha motora de vixilancia dotándoa de aparellos electrónicos máis modernos.

AGRADECIMENTO. É a segunda vez que son beneficiarios do Plan Social de Ence e Tomé recorda que o ano pasado, con esta axuda, fixeron unha primeira obra no local da e cambiáronlle o motor á citada lancha motora. "Se non tivésemos esta axuda de Ence a maioría dos proxectos non se poderían levar a cabo. Unha entidade como a nosa, agradece moito esta subvención porque sen esta aportación moitas das actuacións que imos realizar serían inviables", agradece Tomé.

O patrón maior agarda que estas aportacións continúen no tempo e xa pensa en que poderá mellorar a corporación que dirixe. "Se continúo e o ano que vén e Ence sigue colaborando con nós, pensamos en comprar unha nova lancha porque a que temos na actualidade xa se nos queda pequena e obsoleta", apunta.

A Confraría de Pescadores de San Andrés de Lourizán foi outro dos 28 colectivos dedicados a áreas e actividades directa ou indirectamente relacionadas coas de Ence que recibiron estas aportacións. O colectivo dirixido por María del Carmen Vázquez invertirá a axuda na optimización dos servizos administrativos, organizativos e de xestión así como na mellora da vixilancia e o aumento das zonas de produción.

Innovación forestal. Probosque traballa co futuro
A empresa de proxectos forestais vai levar a cabo un proxecto de cubicación e tasaxe de madeira co apoio dun dron e de tecnoloxía de fotos dixitales. Un dos responsables do plan, Francisco José Táboas, explica que "cada vez que temos unha subasta de madeira, imos ó monte e contamos os pés un a un, como antano. Mídese o ancho do tronco cunhas regras, chamadas forcípulas, para saber o diámetro de tódalas árbores. Logo, tomamos conta das alturas e o seguinte paso xa é entrar nas tarifas de cubicación para conseguir as toneladas de madeira".

"Grazas a esta axuda, sobrevoaremos cada lote cun dron que temos, que fará fotografías para darnos o extracto, unha idea do lote e, coa tecnoloxía que hai nos días que corren, poderemos saber a altura dos pés. Realizaremos como un programa de reconocimiento", apunta Táboas, cuxa finalidade é facer unhas taxas de cubicación propias para, soamente con sobrevoar un lote, poder cubicar a madeira.