Na Praza do Teucro, ás 19.30 horas, o entretemento estivo dirixido aos máis pequenos cunha mestura de teatro, espectáculo de maxia pero sobre todo de humor, a mans de Un, Dous e Tres, un trío de pallasos que recorda a Fofó, Miliki e Fofito ao máis puro estilo galego.
Os nenos e nenas puideron gozar de trucos con chapeu, cordas e moitas risas cos tres artistas.
Este mércores será a quenda para a primeira adaptación ao galego de DreamWorks: Shrek O Musical. A obra inclúe un coro de máis de trinta persoas, cambios de escena e, por suposto, a intrépida historia do ogro e a súa amada, que será interpetada ás 21.00 horas na Praza de España.