"Espero que algún día poida comer unha pizza"

Tres usuarios do programa Volver a Hablar da Asociación Contra o Cancro contan a súa experiencia no Día da Deglución
Charla de profesionales de la AECC. JAVIER CERVERA - MERCADILLO
photo_camera Charla de profesionais da AECC. JAVIER CERVERA - MERCADILLO

A Asociación Contra o Cancro de Pontevedra organizou este mércores unha charla formativa na que se explicou a importancia da intervención dun equipo multidisciplinar na recuperación do paciente e o día a día de persoas afectadas por tumores de cabeza e pescozo e as secuelas destes na fala e a deglución.

No acto, organizado con motivo do Día Mundial da Deglución, tres usuarios do programa Volver a Hablar ofreceron os seus testemuños nos que destacaron a importancia dos profesionais e a información á familia para afrontar as secuelas e mellorar a súa calidade de vida.

Felipe Otero foi operado de cancro de chan de boca en 2011 e recibiu quimioterapia, e en 2013 foi intervido por segunda vez ante unha recidiva. Él insiste na importancia de recibir apoio non só externo e profesional, senón tamén da familia, "grazas ás logopedas que me atenderon (Araceli, Alicia e Ánxela), podo comunicarme a día de hoxe. Sen elas, falaría por acenos. E a miña muller, ademais de apoiarme, prepárame calquera alimento triturado. Ata como puré de percebes", comenta. Non esquece que aínda ten dificultades no seu día a día, "non son capaz de que a lingua me axude a empuxar os alimentos. Pero vou a por todas e espero que algún día poida comerme unha pizza".

En 2018 o programa Volver a Hablar atendeu a 46 persoas 

Miguel Sanmartín tivo un cancro na base da lingua que lle levou a realizar radioterapia xunto a unha traqueotomía e unha cirurxía na zona afectada. Tras a operación apareceron as primeiras complicacións. "Non podía abrir a boca, non era capaz de falar e non podía comer", sinala. A través da rehabilitación logopédica conseguiu deixar atrás parte destas dificultades.

Hermosinda González sufriu catro tipos de cancro e ten que lidar con dificultades na mobilidade lingual, a apertura da boca e a perda da voz. ela mesma explica que "empezou tomando 30 iogures diarios para alimentarse e batidos con todos os nutrientes triturados, do mesmo xeito que as pastillas". Ademais, por falta de información cada vez que se enfrontaba á hora da comida, a súa contorna non entendía por que non podía comer ou tragar con facilidade. Con paso firme e con moito optimismo, Hermosinda afirmou que "aínda que queda moito traballo por diante, a axuda da AECC foi vital para aprender a convivir con estas secuelas".

Grazas a un convenio de colaboración co Concello, a AECC Pontevedra ampliou o programa Volver a Hablar a pacientes con cancro de cabeza e pescozo. Durante 2017, 40 persoas foron atendidas, mentres que no ano 2018, asistiron 46 usuarios.

Comentarios