Os eurofáns de Pontevedra réndense ao efecto Tanxugueiras

O trío de cantareiras chega ao Benidorm Fest cun nivel de expectación poucas veces visto. Os afeccionados pontevedreses seguen con especial interese o paso das galegas polo certame de selección da canción que representará a España en Turín e fano con orgullo e confianza nas voces, no directo e no seu estilo
Imaxe do 'making off' do videoclip de 'Figa', rodado na aldea neolítica de Salcedo. ROCÍO CIBES (TRECE AMARILLO)
photo_camera Imaxe do 'making off' do videoclip de 'Figa', rodado na aldea neolítica de Salcedo. ROCÍO CIBES (TRECE AMARILLO)

Rematou a espera. Tras meses de expectación nos que o efecto Tanxugueiras non fixo máis que crecer, as cantareiras e pandeireteiras galegas actúan este mércores no Benidorm Fest competindo con outra ducia de cancións que aspiran a representar a España no festival de Eurovisión que terá lugar en maio en Turín. De gañaren, Terra convertiríase na primeira canción nunha lingua cooficial que representa a España.

"Claro que é sorprendente, aínda que é certo que é consecuencia de algo que se pide dende un sector de eurofáns dende hai tempo: que unha lingua cooficial represente a España. Terra cumpre con iso e, ademais, é un tema impactante", conta Dani Seijo, eurofán de Pontevedra que viaxa este mércores a Benidorm para seguir o festival.

Mentres Seijo se amosa prudente e prefire agardar a ver a posta en escena de todas as cancións, outros eurofáns da cidade están máis convencidos. "Por supuesto que voy con las Tanxugueiras", explica Héitor Fernández, seguidor de Eurovisión dende hai máis dunha década e fan declarado do efecto Tanxugueiras. "Estoy sorprendido y emocionado, es muy difícil que una canción en una lengua cooficial y que además tiene un estilo tradicional tenga reconocimiento más allá del flamenco", apunta Fernández.

Dani Seijo: "Son consecuencia de algo que pedían os eurofáns dende hai tempo: que unha lingua cooficial representase a España"

"Quen máis quen menos está a vivir un momento bastante doce en Galiza, alomenos ata que se coñeza o resultado da proba de hoxe e do sábado", conta Antón Prieto, tamén seguidor de Eurovisión. "A sorpresa de que Tanxugueiras teña esta visibilidade enorme xa é un triunfo para calquera galega ou galego levemente melómana, que se ademais é eurofán e adora o folki electrónico que se está a facer –non só Tanxu, senón Mercedes Peón ou Baiuca–, pois a flipada é triple", conta Prieto.

Porén, máis alá do volcado que estea o público galego –que xa se entregou coa cantante de Sarria Lucía Pérez cando foi ao festival en 2011, tal e como recorda Dani Seijo–, a realidade é que as Tanxugueiras impactan máis alá do Padornelo. "O sector eurofán en España está claramente coas Tanxugueiras ou con Rigoberta Bandini, non é só cousa de Galicia", indica Seijo. "Sí hay un impacto entre los eurofáns, aunque hay que decir que somos un grupito mínimo entre la gente que ve Eurovisión, por eso también podemos estar en nuestra burbuja", conta Héitor Fernández. Pola súa parte, Prieto recoñece que "moita xente chegou a Tanxu coma se fose un refuxio, un xeito de purgar o pesimismo que rodeaba o festi. Mudaron tantas cousas que parece que vivimos noutro país… escoitar tan repetidamente iso de que el gallego también nos representa, claro que sí semella surrealista".

Antón Prieto: "Moita xente chegou a Tanxu como se fose un refuxio, un xeito de purgar o pesimismo que rodeaba o festival"

Cales son entón os puntos a favor de Terra fronte a outras candidaturas? Luis Miguel Alonso, xornalista e eurofán que tivo espazo propio en Radio 5 baixo o nome La otra cara de Eurovisión, fala de catro fortalezas: "Es una apuesta diferente, con ritmos potentes y percusiones que te hacen levantarte y que vibres, con una fusión del folclore con estilos modernos y, además, en un idioma cooficial. La gente empatiza con los países que dan voz a las minorías".

Hai tamén algún punto débil, como un tempo lento ou un retrouso moi repetitivo. "Pero son pecata minuta, pienso que España con esta canción puede quedar en los primeros puestos", conta o eurofán, que confesa que os seus gustos personais coinciden máis coa canción Ay mama, de Rigoberta Bandini, aínda que para Eurovisión cre que funcionará mellor Terra. Sobre o Benidorm Fest, que comeza este mércores, Alonso considera que será un trámite fácil para as pandeireteiras. "Por primera vez desde que fue Beth a Eurovisión, España se sitúa hoy como ganadora en las apuestas", recorda.

Luis Miguel Alonso: "Por primera vez desde que fue Beth a Eurovisión, España se sitúa como ganadora en las apuestas"

Para Dani Seijo, as Tanxugueiras teñen "moitas posibilidades, pero como non é decisión exclusiva do público hai que ser prudentes", apunta. Así, ademais do televoto, as Tanxugueiras teñen que convencer a un xurado profesional español e internacional e sortear unha enquisa a unha mostra demoscópica. Para Prieto, as Tanxugueiras "xa están en Turín ou máis aló". Héitor Fernández, pola súa banda, prefire apostar por un top tres de gañadores. "Es difícil decir un nombre, pero en el top tres estarán Tanxugueiras, Rigoberta Bandini y Blanca Paloma", remata.

A conexión pontevedresa
Os últimos videoclips de Tanxugueiras teñen paisaxes de Pontevedra de fondo. En Midas, hai un plano da ría dende o alto do Lago Castiñeiras; Figa foi rodada na aldea neolítica de Salcedo; Perfidia, na explanada do circo de Mollavao. Os responsables destas ubicacións son os propietarios da produtora marinense Trece Amarillo, encargados da dirección dos videos. "Los extras de Figa son personas de Marín y Pontevedra", conta Diego M. Barcia, director en Trece Amarillo.



El está ao tanto do espectáculo que levarán as Tanxugueiras a Benidorm, pero non pode dar detalles para non perder o factor sorpresa. "Es lo más natural y real de todas las propuestas", destaca. Ademais, non está preocupado por como poida afectar á actuación que as artistas acaben de ter covid. "Otros artistas necesitarían estar al 100%, las Tanxugueiras con estar al 20% lo bordan igual", di.

Comentarios