Dezaseis meses despois de acadar o seu título universitario, a Consellería de Educación acaba de recoñecer o seu traballo cun dos 82 Premios Fin de Carreira da Xunta, dotados con 3.500 euros e un diploma, concedidos a egresados das tres universidades galegas. A súa finalidade é "incentivar a excelencia académica como aposta de futuro para Galicia".
Para optar a este premio, ao que tiveron que presentarse, debían ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 nas súas ramas de coñecemento. Ademais, os catro recibiran xa o pasado mes de xaneiro o Premio Extraordinario de Fin de Grao, que concede a Universidadade de Vigo. Son Olga, Sara, Nerea e David, catro titulados no campus de Pontevedra que agora xa están inmersos no mercado laboral ou continúan coa súa formación académica.
Á terceira foi a vencida
Quen a segue, conséguea. Iso pensou Olga Grande García (Ourense, 1996), á que lle costou entrar no Grao en Fisioterapia, un dos que ten a nota de corte máis elevada do campus. "Hasta que empecé en la Universidad no era de buenas notas, era más bien una estudiante de mínimo esfuerzo -admite-. Sin embargo, al empezar la carrera sabía que era difícil y tenía que aplicarme si quería aprobar, esa era mi intención. Después, al ver que me gustaba, quería aprender y de ahí mis notas".
Antes suspendera Selectividade e cursara durante dous anos un ciclo superior de FP de Técnico en Saúde Ambiental, "el que tenía plazas". "Como tampoco me daba la nota me quedé un año preparando las materias específicas para Selectividad y luego ya, por fin, entré en Fisioterapia" nun campus do que garda bos recordos. Para Olga "es una alegría y una satisfacción recibir estos premios, además de un reconocimiento a cuatro años de esfuerzo".
Olga Grande. Fisioterapia
"Hasta que empecé Fisioterapia no era de buenas notas, pero sabía que tenía que aplicarme si quería aprobar la carrera"
Desde que rematou a carreira non estivo parada, compaxinando o traballo nunha clínica de fisioterapia coa sanidade pública. "Al ver las dos caras de la moneda me decanté por la pública, así que mi idea es seguir por ese camino y algún día sacar la plaza". Tampouco descarta especializarse e abrir a súa propia clínica, "pero para eso queda mucho tiempo". Conta que o mercado laboral neste sector é eminentemente privado e hai moitas ofertas, "pero las condiciones laborales son malas, por lo que buscamos otras opciones. En la sanidad pública, aunque queda mucho por hacer, las condiciones laborales son mejores" e espera que se oferten máis prazas. "Las listas de espera son enormes".
Respecto ao premio, aforrará unha parte e cando poida ten previsto viaxar a Nova York.
Mestra á primeira
"Un bo mestre debe ter vocación, crer no cambio e no futuro da educación", dicía Sara Pazo Pousa (Tomiño, 1998) nestas mesmas páxinas tras recibir o Premio Fin de Grao tras titularse como Mestra de Educación Primaria. Nove meses despois está poñendo en práctica as súas palabras, pois nesta última convocatoria non só aprobou as oposicións, á primeira, senón que logrou praza no CEIP de Sobrada, ao carón da casa, onde imparte aulas en sexto de Primaria. "Son titora de 25 nenos e nenas que me ensinan moito día tras día". Nestes meses tamén rematou un máster en neuropsicoloxía e educación na UNIR e, de momento, aparcou a súa colaboración coa UVigo en materia de investigación.
É, deste xeito, un dobre premio. "É un recoñecemento ao esforzo realizado durante catro anos e un bo xeito de motivar ao alumnado e de premiar o seu sacrificio". Ademais, confesa, "non pensei que aprobaría á primeira" nun proceso que "non me parece xusto". "Evidentemente, eu estou moi contenta porque acadei o meu obxectivo, pero é certo que hai moitas persoas válidas que quedan fóra ano tras ano e outras que non están ben preparadas poden aprobar. Dende logo, o papel dos tribunais é moi difícil. Cómpre ter en conta outros factores como os nervios, que xogan malas pasadas".
Sara Pazo. Mestra de Educación Primaria
"Non pensei que fora aprobar á primeira e agora son titora de 25 nenos e nenas que me ensinan moito día tras día"
Non lle dá demasiadas voltas ao seu futuro, pois "pensaba que ía ter que estudar durante varios anos", así que agora mesmo " atópome cunha estabilidade que non tiña fai uns meses e iso faime moi feliz. Quero desfrutar desta oportunidade que me brindou a vida ao carón da miña familia", que para ela é "o motor que me impulsou para chegar a onde estou hoxe en día. A eles débolles todo".
Dúas follas de ruta
Nunha encrucillada é onde se atopa David Solleiro Durán (Tui, 1998), quen tras rematar Ciencias da Actividade Física e do Deporte (Cafid) cursou un máster en Rendemento Físico e Deportivo en Sevilla que compaxinou co traballo de preparador físico na SD Compostela. Actualmente está centrado no doutoramento, "pero tamén asesoro de forma individual a futbolistas profesionais no adestramento de forza, colaboro con algunhas clínicas de fisioterapia e readaptación e dou clase de Educación Física nun instituto", conta.
Para el este novo premio "é unha satisfacción persoal e un rezoñecemento ao esforzo destes catro anos", ademais de servirlle para lembrar a "certas persoas que foron esenciais nesta etapa" e o axudaron "a crecer como persoa e como profesional", desde profesores a compañeiros de promoción e de traballo e, por suposto, aos seus pais. Fai especial mención a Alexis Padrón "pola súa calidad humana e profesional, co cal a relación profesor-alumno mudou nunha relación laboral, ao darme a posibilidade de traballar con él, e de amizade". Lembra tamén a Juan Fernández e a todos os empregados de QPROgym, "cos cales tiven a oportunidade de facer as prácticas do grado. A nivel profesional a experiencia foi increíble pero aínda máis o agarimo, cercanía e dedicación coa que me trataron". Non esquece tampouco aos que lle deron a súa primeira oportunidade como preparador físico de fútbol en 3° de carreira, "Nacho e Brais, que tiveron paciencia cos meus graves erros de novato e cos que a día de hoxe teño unha gran amizade".
David Solleiro. Cafid
"Gustaríame traballar como readaptador de lesións no fútbol de elite, pero tamén está a opción da carreira académica"
Agora ten "dúas follas de ruta: gustaríame traballar como preparador físico ou readaptador de lesións no fútbol de elite, pero tamén está a opción da carreira académica que se inicia co doutoramento. Son consciente que esté ámbito é moi incerto e non me pecho portas". O futuro dirá.
Unha artista das boas notas
"Un gran orgullo, tanto a nivel personal como académico, tras cuatro años de esfuerzo, dedicación y constancia". Isto significan os premios de Fin de Carreira e de Fin de Grao para Nerea Cordeiro Cerviño (Bueu, 1999), pois "te recuerdan a ti misma que merece la pena y son un gran aliciente, emocional y económico, a la hora de continuar el camino hacia las metas y los objetivos deseados".
Así o conta desde Madrid, onde foi admitida no Programa de Doctorado de Investigación en Arte y Creación na Universidad Complutense, onde o curso pasado fixo o mestreado. O seu obxectivo é realizar unha tese entre un docente de Madrid e outro de Pontevedra, onde se graduou en Belas Artes, para establecer "un contexto" entre ambas universidades.
Entrar nesta facultade foi sempre a súa primeira opción. "Siempre intento alcanzar mi mejor versión en todo aquello que hago, y en lo que respecta a la vida académica, las buenas notas son una prioridad", desde Primaria, que cursou no colexio de Bueu, a Secundaria, no IES Illa de Ons, ou o Bacharelato Artístico, onde logrou a Matrícula de Honra, no IES María Soliño.
Nerea Cordeiro. Belas Artes
"Una profesora de Plástica me hizo ver cómo aquello que consideraba mi pasión podía convertirse en algo más"
Elixiu Belas Artes por "una profesora de Plástica maravillosa" coa que coincidiu nos últimos anos do instituto, que lle fixo ver "cómo aquello que consideraba una pasión, podía convertirse en algo más", sen esquecer o apoio incondicional da súa familia, "que siempre ha estado guiándome muy cerca en cada paso".
En canto ao seu futuro, sinala, "me encantaría combinar la producción artística con la labor de docente e investigadora universitaria". De feito, no ámbito da arte xa a atesoura algúns recoñecementos. Participou en diversas exposicións colectivas en Galicia, Asturias, Andalucía e Madrid; unha delas no centro cultural Matadero. Tamén ten sido seleccionada para formar parte da mostra Novos Valores do Museo de Pontevedra nas edicións de 2020, 2021 e 2022.
Así mesmo, foi finalistano III Certamen de Creación Artística Contemporánea Universidad de Loyola en Sevilla e na XXIV Bienal Internacional Arte no Morrazo, ademais de loagrar o primeiro premio no IX concurso de Arte da asociación Adicam e o Premio Galicia: Pedras De Santiago, no XIII Premio Atlante del Museo de Artes del Grabado. Ademais ten participado en diferentes proxectos, entre os que destaca Mulleres (Rur)Urbanas en colaboración coa 7h Cooperativa Cultural e Inside Out Project.
Respecto aos 3.500 euros do premio, apunta, "lo voy a invertir en continuar con mi formación y en la producción de obra; especialmente en herramientas y materiales que necesito para ello y que de otra forma no hubiese podido costearme".