O ex xefe da Policía Local pide o cesamento de Daniel Macenlle por imperativo legal

José Manuel Duarte explica que o director xeral de Protección Cidadá debeu xubilarse en febreiro e solicita a nulidade do seu propio cesamento
José Duarte. GONZALO GARCÍA
photo_camera José Duarte. GONZALO GARCÍA

José Manuel Duarte, ex xefe da Policía Local de Pontevedrasolicitou o 23 de agosto no rexistro do Concello o cesamento do director xeral de Protección Cidadá, Daniel Macenlle, ao entender que no mes de febreiro, cando cumpría os 65 anos, "teríase que xubilar obrigatoriamente", ao cumprir a idade máxima establecida para os funcionarios en virtude do regulamento que lle afecta. Duarte denuncia os feitos como parte prexudicada, pois o citado Macenlle emitiu a resolución en virtude da cal José Manuel González Abal era nomeado xefe accidental da Policía Local, o que implicaba o cesamento do citado Duarte no cargo que levaba ocupando nos últimos anos.

Logo de catro semanas desde a presentación do escrito, explica o demandante, a administración municipal non se pronunciou en sentido algún, "sen contestar e evidentemente sen acceder ao solicitado".

Sobre os aspectos concretos da solicitude da nulidade do acto administrativo, o texto remitido por Duarte ao Concello sinala que "para os membros das forzas e corpos de seguridade en termos xerais, a idade de xubilación ou retiro forzoso declárase de oficio ao cumprir os 65 anos de idade, tal e como establece o Portal de Clases Pasivas do Ministerio de Seguridade Social.

Por iso, o denunciante entende que non só esa, senón todas as resolucións adoptadas desde aquel momento por Daniel Macenlle son nulas de pleno dereito. "Pénsese por exemplo en todos aqueles strong <>expedientes derivados do tríatlon que terá lugar esta semana na cidade", conclúe.

Comentarios