Falece Aladina Fuentes, 'Dina da Rons'

Veciña de Cerponzóns, morreu aos 92 anos de idade
Aladina Fuentes, Dina da Rons
photo_camera Aladina Fuentes, Dina da Rons.

De nome Aladina Fuentes Fuentes, en Cerponzóns a coñocían por Dina da Rons, faleceu con 92 anos, ata fai pouco contou dunha gran lucidez, era un pozo de sabiduría.

Nai solteira, exemplo de muller traballadora, a súa vida foi dura, de sacrifício diario. Muller bondadosa, de fermosos ollos, na súa vida só tivo un propósito, sacar adiante a súa familia, os seus fillos Lito e Manolo e a súa nai, a señora Sara.

As mañáns vendendo polas feiras as sementes, polas tardes traballando na veiga, indo ao estrume e facendo todo aquilo que había que facer na casa.

Parte da miña infancia paseina na casa de Dina, sentinme coma un fillo máis, a última vez que estiven con ela foi unha tarde enteira, canto falamos! Cantas cousas me contaba cada vez que estaba con ela! Hoxe estou triste, outra parte do meu corazón marchou con ela, pero á vez estou contento, sei que a partir de agora Dina estará xunto a miña nai, a súa amiga de toda a vida.

Dina simboliza o sacrificio de muitas mulleres galegas traballadoras que superon saír adiante.

Que a terra che sexa leve. D.E.P.

Comentarios