Falece un bombeiro forestal mentres limpaba o monte en Ponte Sampaio

A vítima sufriu unha parada cardiorespiratoria

Un bombeiro forestal de 46 anos faleceu durante a xornada deste luns mentres realizaba tarefas de limpeza nos montes de Ponte Sampaio.

A vítima, que se atopaba cun compañeiro, sufriu unha parada cardiorespiratoria e xa non puido ser auxiliada. 

A Policía Nacional de Pontevedra, cuxos investigadores se desprazaron ao lugar dos feitos, certificou que o falecemento se produciu por causas naturais.